lunes, 1 de noviembre de 2010

PROGRAMA DA 7ª MOTI 2010


PROGRAMA DA 7ª edición da MOTI
(Mostra de Teatro Infantil de Ourense)

Do 25 ao 30 de decembro de 2010
Auditorio, Teatro Principal, Campus (capela e multiusos) e rúas de Ourense.


PROGRAMA REDUCIDO (pulsa sobre a imaxe para vela ampliada)





*********************************************

PROGRAMA AMPLO

*********************************************


ESTREA

DATA SÁBADO 25
HORA 19’30
LUGAR RÚA DO PASEO
ESPECTÁCULO PRÓXIMA ESTACIÓN: A MOTI
COMPAÑÍA TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA PASACALLES
IDADE RECOMENDADA INFANTIL
DURACIÓN 45'
AFORO ILIMITADO
TARIFA GRATUITO
A OBRA
SINOPSE
Cando os días son máis curtos, os radiadores gañan protagonismo e a cidade se abriga de cor, as olladas infantís berran unha nova estación… Non hai cole, os curmáns afastados deixan de selo. É tempo de xogo, sorpresas e maxia. Sí, por fin chega a………… MOTI!!
FICHA
INTÉRPRETES Alfonso Míguez, Ledicia Álvarez "Lele", Tegra, María Díaz, Silvia Domínguez, Uxía Durán, Ana Álvarez, Andrea Cid, Uxía González, Carlos Rafael, Héctor Martínez, Yu Estévez, Guillermo, Laura, ...
MÚSICA Perqtores de Seixalbo
VESTIARIO Galicia Gutiérrez "Gali"
DIRECCIÓN Trécola Teatro

Do luns 13 ao venres 17 en colexios e garderías: PROMOCIÓNS DA MOTI
Do xoves 23 ao mércores 29 de 18'00 A 19'00 nas rúas do Paseo, Bedoia e Santo Domingo: ACCIÓNS TEATRAIS
****************************************
DATA DOMINGO 26
HORA 18'00 e 19'00
LUGAR CAMPUS. PAVILLÓN Nº 1. ANTIGA CAPELA
ESPECTÁCULO TROGLODITAS
COMPAÑÍA TANXARINA
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERES DE VARA e TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 40’
AFORO 55 (en cada pase)
TARIFA 3 € (Recadación para UNICEF)

A OBRA
SINOPSE
Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos títeres e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente
ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía, farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.
FICHA
INTÉRPRETES-MANIPULADORES Miguel Borines, Eduardo Rodríguez e Andrés Giráldez
GUIÓN Evaristo Calvo e Tanxarina Títeres
ESCENOGRAFÍA Pablo O Pastor
CONSTRUCIÓN E VESTIARIO MARIONETAS Tanxarina Títeres
VESTIARIO ACTORES Carlos Alonso
MAQUILLAXE Tanxarina Títeres
ATREZZO Tanxarina Títeres
DESEÑO CARTEL E PROGRAMAS Pablo O Pastor
PRODUCIÓN Tanxarina Títeres
DIRECCIÓN Evaristo Calvo

******************************************

DATA DOMINGO 26
HORA 19’00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO EL FLAUTISTA MÁGICO
COMPAÑÍA TEATRO PARAÍSO S.A.L.
PROCEDENCIA EUSKADI
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 7 ANOS
DURACIÓN 60’
AFORO 300
TARIFA 4 €


A OBRA
“El Flautista Mágico” é un espectáculo de Teatro Paraíso realizado en colaboración con Accademia Perduta Romagna Teatri de Italia.
SINOPSE
Un rato… dous ratos…tres ratos… catro ratos… son moitos ¡demasiados!. Hai un pacto segredo entre o Señor dos Ratos e o Gobernador da cidade de Hamelin: os ratos poden vivir ao seu antollo en Hamelin e, dese xeito, por cada rato, o Gobernador recibirá unha moeda de ouro. Por iso a cidade está chea de ratos que devoran canto atopan. Os cidadáns de Hamelin non saben que facer e entran en pánico.
Para non delatarse, o Gobernador, astutamente, promete unha xenerosa recompensa a quen consiga acabar coa praga de roedores.
A Hamelin acoden, como nunha feira, farsantes, inventores e toda clase de charlatáns. Só a chegada dun estraño Flautista coa súa máxica melodía consegue expulsar aos ratos, pero precisará da axuda da filla do Gobernador e das nenas e nenos para devolver a esperanza a Hamelin.
…Soarán vellas e máxicas melodías, no reloxo dunha estación perdida parará o tempo cun asubío e o vento, o incansable vento, susurrará outra vez ao ouvido a célebre e renovada historia do Flautista de Hamelin.
FICHA
INTÉRPRETES Arrate del Río, Tomás Fdez. Alonso, Ramón Monje
ESPAZO ESCÉNICO Mauricio Berceni
VESTIARIO Pilar López
OBXECTOS E MONECOS Ana Fernández
MÚSICA Marco Versari
ILUMINACIÓN Javier García
PRODUCIÓN Teatro Paraíso
XESTIÓN Elena Ruiz
VERSIÓN EN CASTELÁN Claudio Casadio
VERSIÓN EN EUSKERA Xabi Pay
DRAMATURXIA Claudio Casadio, Giampiero Pizzol, Marina Allegri
DIRECCIÓN ARTÍSTICA Tomás Fdez. Alonso
CREACIÓN E POSTA EN ESCENA Claudio Casadio

*******************************************

DATA LUNS 27
HORA 17'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO O FORNO DE FLORDELÍS
COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA COMMEDIA DELL'ARTE - MUSICAL
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 8 ANOS
DURACIÓN 70’
AFORO 214
TARIFA 4 €


A OBRA
SINOPSE
Na aldea de Flordelís todo é harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un pan só para ela... e por riba... con azucre! A reacción vai en cadea e as consequencias son catastroficamente divertidas.
Mais como non só de pan vive o home, a historia vén aderezada con moito amor. Avelino namorisca a Rosa, a panadeira, e a outros niveis menos inocentes, o Barón non cansa de buscar interesadamente os brazos de Madame Lisette.
Os tempos pracenteiros e a vida comunitaria do inicio da acción aceléranse e os personaxes tórnanse cada vez máis individualistas. A música belga da Valonia acompaña as súas ansias consumistas, ata un punto no que a acción avanza a unha velocidade tan vertixinosa que só quedan dúas posibilidades: parar ou rebentar. E como non para, rebenta.
FICHA
INTÉRPRETES Monica Varela, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Pablo Sánchez
CREACIÓN COLECTIVA
DRAMATURXIA Dominique Baeyens, María Torres, Miguel Camino, Gonçalo Guerreiro
MÚSICO Alex Fente
ESCENOGRAFÍA Gonçalo Guerreiro, Miguel Camino
VESTIARIO E ATREZZO María Chenut
ILUMINACIÓN Germán Gundín
MÁSCARAS María Torres e Mónica Varela
DIRECCIÓN ARTÍSTICA María Torres e Gonçalo Guerreiro

*******************************************

DATA LUNS 27
HORA 18’00 e 19'30
LUGAR CAMPUS - CAPELA (PAVILLÓN Nº 1)
ESPECTÁCULO CUANDO VUELVE LA LUNA
COMPAÑÍA ARENA EN LOS BOLSILLOS
PROCEDENCIA ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE TÍTERES E OBXECTOS PARA BEBÉS
IDADE RECOMENDADA DE 6 MESES A 4 ANOS
DURACIÓN 30' + 15' (de recibimento e despedida)
AFORO 60 (en cada pase)
TARIFA 3 € (Recadación para UNICEF)


A OBRA
SINOPSE
Unha cidade. Cada noite, unha visita moi especial. E cada noite, alguén que a espera impaciente.
Cando volve a Lúa, pouco a pouco, toda a cidade vai cubríndose de pequenas luces. Onde se prenderá a próxima luz? Que historias suceden dentro dos edificios?
Na noite, as rúas baleiras énchense de soños, e a lúa anégaos coa súa luz.
Esta é a historia do feliz encontro de dous que o desexaban desde hai tempo.
FICHA
INTÉRPRETES Iker Pérez y Elisa Vargas
AUTORA Elisa Vargas León
COMPOSICIÓN MUSICAL Mariano Lozano – P
ILUMINACIÓN E SON Juan Felipe Augustín Laguna
ESCENOGRAFÍA E TÍTERES Iker Pérez Varela
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN Elisa Vargas León
COMPOSICIÓN NANA Santiago Ortega Santos
INTERPRETACIÓN VOCAL NA NANA Silvia Bustamante Elvira
ESTÉTICA EDIFICOS Elena Díaz Frutos
ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN Julia Ruiz Carazo

****************************************

DATA LUNS 27
HORA 19'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO EL TESORO DE LA SERPIENTE GUAGUADÚ
COMPAÑÍA TEATRO MUTIS
PROCEDENCIA CASTELA - LEÓN
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR, MÁSCARAS E MARIONETAS GRANDES
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 55
AFORO 300
TARIFA 4 €


A OBRA
SINOPSE
No corazón de África, oculto na selva prohibida, está o tesouro da serpe Guaguadú. O rei dos Sagoni é o único que pode chegar ata el gracias as tres chaves máxicas que o guían e o protexen a través da selva.
A sospeita de que queren roubarlle as chaves fai que o rei pida ao seu amigo Al Bakric, o feirante cordobés, que as agoche na súa terra un tempo.
Pero Amig Dalá, socio de Al Bakric, descobre a misión. Cegado pola ambición, rapta a Agarín, o fillo do feirante, e así consegue que aquel lle entregue as chaves máxicas. Amig Dalá cruza África á procura do tesouro co seu refén Agarín.
Ás portas da selva prohibida Agarín foxe con Takané, a princesa Sagoni, e xuntos intérnanse na espesura onde impresionantes aventuras os levarán ao templo da serpe.
FICHA
INTÉRPRETES - MANIPULADORES Paloma Hernández, Raúl Marcos, Fernando Cárdaba
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA E MONECOS Carlos Hernández
CONSTRUCIÓN Teatro Mutis
PINTURA DE DECORADOS E MONECOS Álvaro Gómez Candela e equipo
MÚSICA Oscar G. Villegas
VESTIARIO Cyril Wicker Spichiger
AXUDANTE DE PRODUCIÓN Pilar Garay
PRODUCIÓN TEATRO MUTIS, S.L.
AUTOR E DIRECTOR Carlos Hernández Camacho

*****************************************

DATA MARTES 28
HORA 17’00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO ROSALÍA, A PULGA QUE ESCRIBÍA
COMPAÑÍA GALITOON
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA MONICREQUES DE MESA
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 2 ANOS
DURACIÓN 45'
AFORO 214
TARIFA 4 €

A OBRA
SINOPSE
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lerlla:
Á señora Toupa porque non ve.
A dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación:
O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.
Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
FICHA
INTÉRPRETES-MANIPULADORES Rogelio Lema, Raquel Queizás, Santiago Alonso
DESEÑO E DIRECCIÓN DE MONICREQUES Santiago Alonso
COORDINACIÓN DE TALLER E COMPRAS Oscar Ferreira
ELABORACIÓN DE MONICREQUES Ana Dacasa, Jesús Fernández, Lola Gomez e Olga Otero
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA Begoña Paz
ELABORACIÓN DE ESCENOGRAFÍA Celeste Garrido, Ángela Paz, Begoña Paz e María Paz
MÚSICA Diego Paz e Elena Paz
GUIÓN E DIRECCIÓN Andrea Bayer

****************************************

DATA MARTES 28
HORA 17’00 e 19'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO UNA ODISEA DE BOLSILLO
COMPAÑÍA L´HOME DIBUIXAT
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR, MÁSCARAS, TÍTERES
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 8 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 250
TARIFA 4 €


A OBRA
SINOPSE
O xoglar Moc embárcase nunha auténtica Odisea. Co seu teatriño cargado de máscaras e obxectos, conta e escenifica as aventuras de Ulises desde a guerra de Troia ata a chegada á súa desexada Ítaca. Unha montaxe imaxinativa e divertida, que achega esta famosa novela clásica ao público dos nosos días.
FICHA
“UNA ODISEA DE BOLSILLO” baseada na obra A Odisea de Homero
INTÉRPRETE Tian Gombau
AUTORES Tian Gombau e Panchi Vivó
DIRECCIÓN Panchi Vivó e Quique Alcántara

*******************************************

DATA MÉRCORES 29
HORA 12'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO UNA ODISEA DE BOLSILLO
COMPAÑÍA L´HOME DIBUIXAT
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR, MÁSCARAS, TÍTERES
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 8 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 250
TARIFA 4 €


A OBRA
SINOPSE
O xoglar Moc embárcase nunha auténtica Odisea. Co seu teatriño cargado de máscaras e obxectos, conta e escenifica as aventuras de Ulises desde a guerra de Troia ata a chegada á súa desexada Ítaca. Unha montaxe imaxinativa e divertida, que achega esta famosa novela clásica ao público dos nosos días.
FICHA
“UNA ODISEA DE BOLSILLO” baseada na obra A Odisea de Homero
INTÉRPRETE Tian Gombau
AUTORES Tian Gombau e Panchi Vivó
DIRECCIÓN Panchi Vivó e Quique Alcántara

**********************************************

DATA MÉRCORES 29
HORA 17'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO MOWGLI, EL LIBRO DE LA SELVA
COMPAÑÍA LA CARRETA TEATRO
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERES E TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 3 ANOS
DURACIÓN 45’
AFORO 214
TARIFA 4 €



A OBRA
SINOPSE
Todo un clásico que reflicte comportamentos e valores humanos, como a amizade, a xenerosidade, ou o rancor.
Unha historia que xira sobre a aceptación e o respeto ás diferentes razas e especies.
Unha reflexión sobre o equilibrio e as leis da natureza
Un espectáculo áxil e ameno no que se reforza a mensaxe primordial: a importancia de ter unha familia que apoia, que te quere e que te educa; e no que se revelan de maneira entrañable os dous grandes valores que encerra o relato de Kipling: a amizade e a fraternidade.
Ao final, “O Libro da Selva” ten unha mensaxe sinxela e fermosa, o pequeno salvaxe debe voltar cos seus, cos humanos, pero manterá sempre o seu amor e respeto cara os animais que o coidaron e que lle ensinaron a ser, paradoxicamente, "unha boa persoa".
FICHA
INTÉRPRETES-MANIPULADORES Alba Bonet e Sergio Boix / Manoli Montalvo e Paco Pérez
TÍTERES E VESTIARIO Manoli Montalvo Coronado
ESCENOGRAFÍA E ESPAZO ESCÉNICO Paco Pérez e Manoli Montalvo
COMPOSICIÓN, ARRANXOS E EDICIÓN MUSICAL Jorge Gavaldá
DESEÑO DE ILUMINACIÓN José Manuel Cerdeiriña
GUIÓN E DIRECCIÓN Francisco Pérez Guirado

********************************************
ESTREA
DATA MÉRCORES 29
HORA 18'00
LUGAR CAMPUS - MULTIUSOS (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO O SOÑO DE CABÚ
COMPAÑÍA ARROUTADA TEATRO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 120
TARIFA 3 € (Recadación para UNICEF)

A OBRA
SINOPSE
- Mmm! Que interesante… un oso que quere voar.
- Tés pico e plumas, rapaz?
- Pico e plumas? Supoño que non.
- Mmm!!! Que interesante… Un oso que non ten nin pico nin plumas.
Porque deberiamos perseguir os nosos soños, aínda que parezan imposibles, ou se cadra por iso mesmo.
Esta é a historia de Kabú, un oso que está decidido a voar, custe o que custe. O noso amigo emprende unha viaxe polo bosque na procura dun mestre.
Esperpénticos personaxes atarefados nas súas pequenas cousas cruzaranse no seu camiño. E quen sabe, quizais algún sexa quen de aprenderlle.
FICHA
INTÉRPRETES Galicia Gutiérrez, Eva Tato, María Diaz, Alfonso Míguez, Héctor Martínez
ESCENOGRAFÍA Suso Mira
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Del Ruiz
ARRANXOS MUSICAIS Dani Vázquez
VESTIARIO Galicia Gutiérrez
PRODUCIÓN Arroutada Teatro
TEXTO E DIRECCIÓN Suso Mira

**************************************************

DATA MÉRCORES 29
HORA 19'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO LILIPUT CABARET
COMPAÑÍA LILIPUT CABARET
PROCEDENCIA MADRID
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 6 ANOS
DURACIÓN 60’
AFORO 300
TARIFA 4 € (Recadación para UNICEF)

A OBRA
SINOPSE
Liliput Cabaret conta a divertida historia do amor entre o presentador estrela da televisión de Liliput, Lilo Veldemont, arrogante e aventureiro, e Miss Clark, a súa fiel e soñadora axudante. As súas fantásticas e incribles aventuras no pequeno mundo de Liliput, remítennos ao cine de terror ou fantástico de serie B, onde conviven o suspense e o disparate nun marco cheo de estímulos visuais e sonoros.
FICHA
INTÉRPRETES Lila Feinsilber e Daniel Llull
IDEA ORIXINAL E DRAMATURXIA Compañía Liliput Cabaret
TEXTO Daniel Llull
ILUMINACIÓN Compañía Liliput Cabaret
ESPAZO SONORO Daniel Llull
ESCENOGRAFÍA Supermanitas.com
VOZ EN OFF Roland Mc Cornick
ASESOR DE MAXIA Willi Monroe
ILUSTRACIÓNS Blanca Nieto
FOTOGRAFÍA Julio Moya
DESEÑO GRÁFICO Sebastián Feinsilber
DIRECCIÓN David Ottone

****************************************

DATA XOVES 30
HORA 17'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO DE FÁBULA
COMPAÑÍA ARTELLO TEATRO ALLA SCALA
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERES
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 214
TARIFA 4 €

A OBRA
SINOPSE
A raposa Bulebule xa ten idade de deixar a casa dos pais, e saír a procurar o seu propio sustento. O bosque agárdalle cheo de riscos, e ela non ten experiencia para facerlles fronte. Porén, a súa ousadía e astucia permitiranlle ir superando situacións comprometidas. Mais tamén lle traerán enimizades; entre elas, a do mesmísimo rei do bosque: o lobo Rapatundas.
FICHA
INTÉRPRETES - MANIPULADORES Rosa Hurtado e Santiago Montenegro
FOTOGRAFÍAS Quino Vilas
UNIDADE DIDÁCTICA Cristina Pérez
ESCENOGRAFÍA E CARTEL Suso Montero
ILUMINACIÓN Santiago Montenegro
BONECOS E ATREZZO Suso Montero e Artello
COLABORACIÓN ANIMAIS Miguel Llamas Zas
REALIZACIÓN DE BONECOS Rosa Hurtado
MÚSICA ORIXINAL E INTERPRETACIÓN Ramón Souto
TEXTO, DRAMATURXIA E PRODUCIÓN EXECUTIVA Rosa Hurtado e Santiago Montenegro
DIRECCIÓN Manuel Pombal


****************************************


ESTREA
DATA XOVES 30
HORA 18'00 e 20'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO CECILIA E A SÚA BONECA
COMPAÑÍA AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL "GEPPETTO"
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 200 (en cada pase)
TARIFA 4 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Cecilia cre que perdeu a súa boneca, ata que o carteiro lle entrega unha carta que lle revela a verdade. Ingrid, a súa boneca, marchou por propia vontade porque quería ser humana, pero agora está atrapada na dimensión do Mago da encrucillada e pídelle a Cecilia que vaia rescatala. Só por amor dun ser humano pode salvarse, abrindo as portas da liberdade.
FICHA
INTÉRPRETES Galicia Gutierrez "Gali", Eva Tato, Raquel Penín, Alba Núñez, Daniel Vázquez, Nuria Rodríguez, Maica Corbal, Daniel Alves, David Bobillo, Marielvy Martínez, Antea Rodríguez, Pablo Rivas
DESEÑO DE LUZ David Varela
DESEÑO DE SON Ruben Dobaño
TÉCNICO DE LUZ E MONTAXE José Manuel Bayón
TÉCNICO DE SON Rubén Dobaño
TÉCNICO DE MONTAXE David varela
ESCENOGRAFÍA Suso Díaz e Sarabela Teatro
VESTIARIO Sarabela Teatro
ESCRITA e DIRECCIÓN Elena Seijo


****************************************

7ª MOTI
Director da Mostra
Fernando Dacosta
Equipo de organización de Sarabela Teatro
Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Flor Figueroa
Deseño gráfico
Disigna Edenia
DVD e fotos
Alba Vázquez Carpentier
Técnicos da Mostra
Persoal do Teatro Principal e Auditorio
Xosé Manuel Bayón, Rubén Dobaño e David Varela
GRACIAS:
Aos cativos e cativas de ollos e orellas abertas e que emanan gañas, disfrute e futuro.
Ás nenas e nenos pequenos e grandes, que preguntan, que queren saber, que non se conforman, que se involucran pero que non cren.
Ás mamás e papás que traedes ás vosas criaturas ano tras ano á MOTI.
A ti, Suso, por esa colaboración de 6 anos coa MOTI. Por tanto e tanto, por sempre, amigo.

****************************************

A 7ª MOTI celébrase sendo
Tenente alcalde e Concellala de Cultura do Concello de Ourense
Isabel Pérez
Directora do Teatro Principal de Ourense
Olga Mojón
Director da AGADIC
Juan Carlos Fasero
Vicerreitora do Campus de Ourense
María Lameiras
Técnico de cultura do Campus de Ourense
Filemón Rivas

******************************************

A MOTI INFORMA:
AS ENTRADAS poden adquirirse en cada un dos espazos onde hai representacións: Teatro Principal, Auditorio, Capela (Pavillón nº 1) ou Multiusos da Universidade (Edificio de ferro/facultades) - Campus ata a finalización das mesmas por rigorosa orde de venta.
* Teatro Principal: Desde o día 27 e para todas as funcións. Horario de taquilla de 11’00 a 13’30
e 1 hora antes da función.
* Auditorio: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla 2 horas antes da función.
* Campus: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla desde 1 hora antes do comezo da función.
As nenas e nenos deben ir acompañados de pais, titores, ou responsables dos mesmos.
No caso do teatro para bebés: ARENA EN LOS BOLSILLOS (luns 27 no campus ás 18'00 e 19'30) só 1 adulto por bebé.

A MOTI COLABORA CON:
UNICEF

A 7ª MOTI é posible gracias a:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Vicerreitoría do Campus de OURENSE
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
Excma. Deputación Provincial
CONCELLALÍA DE CULTURA / AUDITORIO MUNICIPAL
Concello de Ourense
AGADIC
Xunta de Galicia
SARABELA TEATRO

****************************************


PROGRAMA AMPLO MAQUETADO (Pulsa sobre a imaxe para vela ampliada)