jueves, 10 de diciembre de 2015

PROGRAMACIÓN DA 12ª MOTI 2015 (MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE) - Programa breve-

A 12ª edición da MOTI celébrase o día 19 de decembro (desfile) e do 26 ao 30 de decembro (programación en salas e animacións) de 2015

18 compañías de Galicia, Andalucía, Comunitat Valenciana, Catalunya, Euskadi, Castilla León e Madrid danse cita en Ourense durante eses días completando un total de 22 representacións.

Unha gran variedade de xéneros que transitan polo teatro de rúa, clown, títeres de luva, teatro de actor, danza, maxia, musical, xestual, teatro de obxectos, teatro con pompas de xabón ou circo teatro.


Adxuntamos a volantina con toda a programación e agradecemos a súa difusión.


ATENCIÓN: 

POR CAUSAS ALLEAS Á MOTI, HAI UN CAMBIO na función do domingo 27 no Auditorio
'Roedores' de Redrum Teatro sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa

A volantina que se entrega pola rúa contén un erro nunha das tarifas. O martes 29 ás 17'00 no Teatro Principal, a función de 'Alí Babá y los 40 ladrones' de Borobil Teatroa custa 8€ e non 4€ como figura. É a única representación que se afasta das tarifas de 3 e 4 euros por formar parte do Plan Platea do Ministerio que impón eses prezos mínimos.




Para ver a información de todos os espectáculos, enlaces de vídeo, fotos… consulta o programa amplo da 12ª MOTI
(Información completa e actualizada)

PROGRAMACIÓN DA 12ª MOTI 2015 (MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE) -Programa amplo-



A 12ª MOTI DÍA A DÍA - HORA A HORA - ESPAZO A ESPAZO - FOTO A FOTO - VÍDEO A VÍDEO

_________________________________________________________________________________
DATA: SÁBADO 19
HORA: 19’00
LUGAR: RÚA DO PASEO (Saída desde o Parque de San Lázaro ata Padre Feijoo)
ESPECTÁCULO: MAREMOTI
COMPAÑÍA: TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: PASACALLES - TEATRO DE RÚA
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 45'
AFORO: ILIMITADO
TARIFA: LIBRE

A OBRA

SINOPSE
Nun mar cheo de medusas máxicas aparecen unhas misteriosas letras. Diante do desconcerto destas criaturas, chegarán uns curiosos submarinistas. Entre todos conseguirán averiguar o misterio:
É a MOTI que chega á cidade e todos quererán  desfrutar do universo único do teatro na compaña dos cativos e cativas.

FICHA

INTÉRPRETES: Ledicia Álvarez "Lele", Uxía Pérez, Tegra, Alfonso Míguez, Carlos Rafael, 
Yu Estévez, Uxía Morán, Vicky Docabo, Sandra Al Ca, Nuria Paz, Paco Daza, Miguel García, Marcos Vázquez, Noelia RoPe, Hernan Rapetti

MÚSICA EN DIRECTO: Os Perqtores de Seixalbo
DESEÑO DE SON: Alfonso Míguez
SELECCIÓN ACTORAL: Uxía Pérez
VESTIARIO E PRODUCIÓN: Tegra, Ledicia Álvarez "Lele"

DIRECCIÓN: Ledicia Álvarez "Lele"

____________________________________________________________________________________________________________

DATA: SÁBADO 26                        
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: PEOR IMPOSIBLE
COMPAÑÍA: PETER PUNK
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: CLOWN
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 240
TARIFA: 4€

A OBRA

SINOPSE
Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk, un dos mellores pallasos galegos do momento, para enfrontarse á realidade a golpe de humor e un chisco de mala baba.
O pallaso galego e o director arxentino teceron fermosas imaxes e complexos equilibrios cos comentarios acedos característicos da personaxe ata construír un espectáculo irreverente e comprometido.
Humor retranqueiro, números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuíto da morte e un evocador final cun arriscado equilibrio son algúns dos fíos dos que está feito “Peor Imposible”, unha proposta clown nacida en Galicia e punteira a nivel internacional que chegará a todas as prazas e teatros do país.

FICHA

Elenco:
Isaac Rodríguez Miranda "Peter Punk"

Guión e idea orixinal: Walter Velázquez, Natalia "Pajarito" e Isaac Rodríguez Miranda
Deseño de escenografía: Walter Velázquez e Natalia "Pajarito"
Escenografía: Fermín Rodríguez Cabaleiro, Eva Triñanes, Marta Ortiz e Isaac Rodríguez Miranda
Arranxos de vestiario: María José Miranda Cadórniga
Son e arranxos musicais: Brais Gutiérrez
Deseño gráfico e vídeo: Fernando Lema
Produción executiva: Isaac Rodríguez Miranda e Walter Velázquez
Produción: Culturactiva S.C.G. e Isaac Rodríguez Miranda

Dirección: Walter Velázquez e Natalia "Pajarito"

* Vídeo promocional: http://vimeo.com/97140066

________________________________________________________________________________

DATA: SÁBADO 26                                    
HORA: 18'15
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: CINCO HISTORIAS PARA UNHA MAN
COMPAÑÍA: MIRCROMINA TÍTERES
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES DE LUVA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 40'
AFORO: 150
TARIFA: 3€ (Recadación para UNICEF)

A OBRA

SINOPSE
Cinco pequenas obras mímicas escollidas do libro “Telón de cielo” do titiriteiro Gabriel Castilla
catalogado como a Biblia dos títeres por Javier Villafañe.
‘O soño’: Recolle as dificultades de Anibal para conciliar o sono por culpa do “tictac” do reloxo, o zunido do mosquito...
‘A goteira’: Parecía que todo estaba amañado e cando estaba a piques de conciliar o sono de súpeto unha goteria comeza a sua rítmica melodía.
‘Historia con flores’: Un neno traste que se adica a destrozar as flores dun xardín, para evitalo será necesario da intervención dun can gardián.
‘O impo’: Dous amigos atópanse despois de moito tempo. Cando se apertan a un empézalle un ataque de impo, así xuntos van dando chimpos polo escenario.
A historia que falta, a quinta, está intercalada entre as outras catro. É a historia das propias mans, poñendo e quitando elementos escénicos, bailando, limpando... porque elas son realmente a alma dos títeres.

FICHA

Manipuladores: Arturo Pérez e Ton Arenas

Autor: Gabriel Castilla
Adaptación: Arturo Pérez e Ton Arenas

Dirección: Arturo Pérez

* Vídeo promocional: https://vimeo.com/9576324
________________________________________________________________________________

DATA: SÁBADO 26                                    
HORA: 18’15 e 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA CRUZAN FRONTEIRAS
COMPAÑÍA: GEPPETTO. AULA DE TEATRO INFANTIL DO CAMPUS DE OURENSE
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 300
TARIFA: 3 €

A OBRA                              

SINOPSE
Aladino é un neno que vive coa súa nai e rodeado da xente que quere. Vive nun lugar onde a guerra é devastadora, así que un día deciden marchar a outro país. Percorren un longo camiño para cruzar a fronteira e ao chegar alí Aladino é reclutado por un mago malvado para que lle consiga unha lámpada dunha cova cercana.
A partir dese momento tanto Aladino como a súa xente veranse inmersos nunha aventura única na que todos terán que colaborar e coidarse para conseguir o que realmente desexan.

FICHA

REPARTO
Hector Martínez: Aladino
Sonia Ferro: Fátima e Xenia do anel
María Novoa: Malika
Carolina Corea: Zaina
Amada Saa: Duha
Carlos Quintas: Zamir e Mago malvado
Manuela Casal: Raissa
Elisa Maneiro: Jala e Princesa Zulema
Alejandro Trillo: Garím
Noemí Guerrero: Alima
Colaboración especial Mercaderes: Carmen M. Aranda, Marisol Delgado, Tito Escudero

Deseño de son: Rubén Dobaño
Deseño de luz: José Manuel Bayón
Técnicos de montaxe: José Manuel Bayón e Rubén dobaño
Vestiario: Geppetto e Sarabela Teatro
Espazo escénico: Sarabela Teatro e Elena Seijo

Dirección e dramaturxia: Elena Seijo


_________________________________________________________________________________

DATA: DOMINGO 27                     
HORA: 12’30
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: MOENDO MUIÑEIRAS
COMPAÑÍA: XABIER IGLESIAS PRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: DANZA TRADICIONAL-TEATRO-MÚSICA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 9 ANOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 150
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)

 A OBRA

SINOPSE
Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño?
Unha parella de mozos “urbanitas” ve cambiada a súa vida ao voltar ás súas orixes. Uxía,
moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado “O muiñeiro”. Neste muíño pasarán cousas,
aparentemente inexplicables, que pouco a pouco irán comprendéndose ata descubrir a historia
dos seus verdadeiros avós, Sofía e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música
acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.

FICHA

Elenco
Uxía/Sofia : Montse Rivera
Xocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: José Varela
Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz

Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos Díaz
Música en directo: José Varela
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera
Construción muiño: Jorge Illán
Deseño gráfico: Sabela Eiriz
Unidades Didácticas: Xabier Iglesias, Montse Rivera, José Varela, Paloma Lugilde
Fotografía e vídeo: Bruno Maez
Produción: Xabier Iglesias

Dirección, dramaturxia e deseño espazos: Paloma Lugilde
___________________________________________________________________________________

DATA: DOMINGO 27                                
HORA: 17’00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA GASTRONÓMICA
COMPAÑÍA: LIMIAR TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: COMEDIA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 9 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 240
TARIFA: 4 €

A OBRA

SINOPSE
Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.
Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é a "Potaxe de vixilia", o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na
súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e a tolemia de Don
Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar bos garavanzos?

FICHA

Alonso Quijano: Fran Núñez

Dramaturxia: Sergio Macías
Textos: Cervantes e outros autores
Mestre Cociñeiro: José Manuel Hernández
Axudante de dirección: Manuel Polo
Espazo: Iriarte Interior / Fran Núñez
Iluminación e vestiario: Fran Núñez
ESP/ Técnico: José Manuel Núñez
Produción executiva e idea orixinal: Fran Núñez
Produción: Cris Alonso / Candy Álvarez
Distribución: Carlos Martínez Carbonell

Dirección: Nuria Gullón


_________________________________________________________________________________


DATA: DOMINGO 27                                            
HORA: 18’15
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL (SALA AZUL)
ESPECTÁCULO: VOLTA Á MAXIA
COMPAÑÍA: DANI GARCÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MAXIA
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 60'
AFORO: 180
TARIFA: 3€

 A OBRA

SINOPSE
Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo.
Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago.
Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar. Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un sorpresivo efecto final, unha derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. Esta é unha obra de maxia infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa peiteen canas.

FICHA

Elenco: Dani García.

Técnica Teatral: Maxia

Dirección: Fran Rei

* Vídeo promocional: http://vimeo.com/125063708
_________________________________________________________________________________


DATA: DOMINGO 27                                            
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: ROEDORES (*)
COMPAÑÍA: REDRUM TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 3 ANOS
DURACIÓN: 50'
AFORO: 600
TARIFA: 4€

A OBRA

SINOPSE
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. 
Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores"


"Roedores" é un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis.

FICHA
Interpretación: Guillermo Carbajo, Laura Míguez, Carlos Álvarez-Ossorio

Texto: Álex Sampayo e Borja F. Caamaño
Fotografía cartel: Tacho Jiménez
Deseño fondo cartel e álbum ilustrado: Rodrigo Chao
Vestiario: Cloti Vaello
Son: David Machado
Construción escenografía: Escenoset
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Produción: Redrum Teatro

Dirección: Álex Sampayo

(*) Este espectáculo sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
O motivo do cambio é por causas alleas á MOTI
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa


_________________________________________________________________________________

DATA: LUNS 28
HORA: 17’00 e 18’00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: FEO!
COMPAÑÍA: CARAMUXO TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 40’
AFORO: 240
TARIFA: 4€

A OBRA

SINOPSE
Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen.
A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...
Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

FICHA

Actor: Juan Rodríguez Santiago
Manipulador: Suso Jalda
Voces das nenas: Carla Yáñez, Ayelén Rodríguez e Sara Gómez

Texto: Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón
Deseño de Escenografía: Caramuxo Teatro
Deseño de Luces: Suso Jalda
Deseño de Cartel: Carlos Comendador
Vestiario e atrezo: Caramuxo Teatro e Soledad Gómez
Fotografía: Corsino.

Dirección: Laura Sarasola Pontón


* ESTREADA RECENTEMENTE

_________________________________________________________________________________

DATA: LUNS 28                                          
HORA: 18'00
LUGAR: CAMPUS. LUDOTECA A CARÓN DA SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ACTIVIDADE: PRESENTACIÓN DO LIBRO “O SOUTO DOS PRODIXIOS”
COMPAÑÍA: PRODUCIÓNS DISPERSAS
PROCEDENCIA: GALICIA
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 15’
AFORO: 100

TARIFA: LIBRE
_________________________________________________________________________________

DATA: LUNS 28                                          
HORA: 18'15
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: AS DANZAS INVOLUNTARIAS
COMPAÑÍA: D-OUTRAS LABORATORIO DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE
PROCEDENCIA: GALICIA
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 10’
AFORO: 150
TARIFA: 3€. ENTRADA VÁLIDA PARA CUARTETO “AS COMADRES" (RECADACIÓN PARA UNICEF)

A OBRA

SINOPSE
Partimos do desequilibrio, do movemento dos ollos cando trata de lembrar, dos latexos...
Elementos que xeran movemento non totalmente controlable ou voluntario no noso corpo.

FICHA

Creación e interpretación: Eva Docampo, Belén Ferro, Mercedes Bugueiro, Alicia Fraga, Antía Laranxeira, Carla Lohayne Mendes,  Maruxa Mosquera, Patricia Román, Mariana Daniela Rosa, Alba Sánchez, Sofía Silvosa, Beatriz Vázquez

Espazo Sonoro: Mauricio Torres


Dirección: Begoña Cuquejo, trasPediante
_________________________________________________________________________________

DATA: LUNS 28                               
HORA: 18’30
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)                                            
ESPECTÁCULO: EN CABÁRCENO... SEGUIMOS CANTANDO
COMPAÑÍA: CUARTETO “AS COMADRES”
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MUSICAL
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 50’
AFORO: 150
TARIFA: 3 € ENTRADA VÁLIDA PARA A AULA DE DANZA DO CAMPUS (Recadación para UNICEF)                                                


A OBRA

SINOPSE
Susa Herrera presenta as cancións do seu disco coas coreografías na que participarán as nenas e nenos. 10 cancións de animais do Parque natural de Cabárceno co gallo de coñecer por medio das músicas do mundo os seus hábitos, entornos, etc.

FICHA

Susa Herrera, Merchy Rozas, Tere Gómez e Lara Expósito


_________________________________________________________________________________


DATA: LUNS 28                               
HORA: 19’30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: CLINC!
COMPAÑÍA: PEPE BOU
PROCEDENCIA: CATALUNYA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO XESTUAL CON POMPAS DE XABÓN
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 3 ANOS
DURACIÓN: 65'
AFORO: 600
TARIFA: 4€

A OBRA

SINOPSE
“Clinc!” simboliza a mudanza de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de xeito pesimista, cando deciden contemplar a beleza do seu ámbito e comezar a cooperar en lugar de vivir de xeito illado. Trátase dun xesto ou un símbolo no que as personaxes protagonistas da obra cambian de actitude e no lugar de vivir con medo ao descoñecido gozan do seu descoñecemento.
Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas.

FICHA
Interpretación: Isaías Antolín, Eduardo Telletxea (Agustí Sanllehí)

Movemento: Marta Carrasco
Escenografía: Castells Planas de Cardedeu
Deseño e confección de vestiario: Rui Alves
Iluminación: Pep Bou e Jep Vergés
Música: Ferran Martínez Palou
Construción de elementos escenográficos: Pascualin S.L.
Técnico luces e son: Jep Vergés
Montaxe de son: Mon Feijóo
Audiovisuais: Elsabeth
Fotografía: David Ruano
Produción executiva: Pepa Arnal
Administración: Marta Corbera
Comunicación e prensa: Marta Bou
Parcer: Lau Delgado
Produción: Companyia Pep Bou

Dirección e creación: Pep Bou

* PREMIO: “Special Children Jury Award” e “Special Town Jury Award”. XXI Kotor Theatre Festival for Children, 2013 (Kotor, Montenegro).
* FINALISTA como Mellor Espectáculo Infantil na XVI Edición dos Premios Max das Artes Escénicas (2013).

* Vídeo promocional: https://vimeo.com/56980865
_________________________________________________________________________________


DATA: MARTES 29                          
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: ALÍ BABÁ Y LOS CUARENTA LADRONES
COMPAÑÍA: BOROBIL TEATROA
PROCEDENCIA: EUSKADI
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 6 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 240
TARIFA: 8 € (Esta tarifa débese a que esta montaxe está programada polo plan Platea do Ministerio que fixa ese prezo mínimo)
           
A OBRA

SINOPSE
ALI BABA Y LOS 40 LADRONES conta a historia dun leñador moi pobre que vivía en Persia. Un día, buscando o seu sustento pola montaña, descobre algo que cambiará a súa vida para sempre. Uns ladróns están movendo unha gran rocha coa palabra máxica “ábrete sésamo”. Cando marchan, Alí Babá, dicindo as palabras, consegue entrar naquela maxestuosa gorida onde gardan inmensos tesouros. A Alí Babá sóbralle cunhas moedas para que a súa muller e el deixen de ser tan pobres. O problema é que todo se complica cando o seu irmán, doente de ambición, descobre o seu segredo e tenta arrebatar todo o tesouro aos ladróns. E é que, como ben sabemos, a avaricia nunca é boa.

FICHA

Intérpretes: Anartz Zuazua, Asier Sota, Julen Vega

Adaptación do texto: Nagore Aranburu, Asier Sota, Anartz Zuazua
Vestiario: Mónica Cristofoleti, Nagore Dendariarena.
Luces: Carlos Salaberri
Música: Ignacio Pérez Marín
Distribución: Alberto Muyo

Dirección: Anartz Zuazua

* Premio FETEN 2015, ao Mellor intérprete, a Asier Sota.


_________________________________________________________________________________

DATA: MARTES 29                                      
HORA: 17’00 e 18’15
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: PEQUEÑA MAX
COMPAÑÍA: ARENA EN LOS BOLSILLOS
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES, OBXECTOS E POÉTICA CLOWN PARA A PRIMEIRA INFANCIA
IDADE RECOMENDADA: DE 1 A 4 ANOS
DURACIÓN: 30’
AFORO: 80 por función (40 bebés e 40 adultos. Só 1 adulto por bebé)
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)
           
A OBRA

SINOPSE
Max vive soa, afastada do mundo, buscando a súa felicidade lonxe da mirada crítica dos demais.
E é que Max é “diferente”, naceu cun pé de aleta.
Construíu o seu propio mundo, metade real e metade inventado, e fixo del o seu refuxo.
A chegada dun intruso ao seu pequeno e fráxil mundo, fíxolle comprender pouco a pouco que, en realidade, ela nunca quixo estar soa.
Desaprender todo o aprendido, desoír todo o criticado, perdoar todo o doído, foi o que a fixo lixeira para bailar o seu propio son, único e precioso.
E desde aí, abrir os brazos de novo ao mundo.
Se un día vos cruzades con “algún” o “algunha Max”, sorrídelle e mirade ao corazón. Quen sabe que desafíos estará enfrontando.

FICHA

ACTRIZ E TITIRITEIRA: Ana María Montero
                                   
AUTORES: Elisa Vargas e Jokin Oregi
DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO E ESCENOGRAFÍA, DESEÑO E CONSTRUCIÓN DE TÍTERES E ATREZZO: Iker Pérez
CONSTRUCIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Iker Pérez, Antonio Cantos e Carlos Monzón
COMPOSICIÓN MUSICAL ORIXINAL: Mariano L- Platas
DIRECCIÓN TÉCNICA E DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Juan Felipe Tomatierra
DESEÑO DE VESTIARIO E TRABALLO ESTÉTICO: Ariel García
REALIZACIÓN DE VESTIARIO E TEXTIL: Araceli Morales
ILUSTRACIÓNS: Ariel García
ANIMACIÓN GRÁFICA: Francis López – Estación Diseño
COREOGRAFÍA DANZA: Omar Meza
FOTOGRAFÍA: Juan Manuel Jiménez
VÍDEO: Pablo Mabe
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Elisa Vargas

DIRECCIÓN: Jokin Oregi


_________________________________________________________________________________

DATA: MARTES 29                                      
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: SOLOS
COMPAÑÍA: YMEDIO TEATRO
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO XESTUAL E CON OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 400
TARIFA: 4 €     

A OBRA

SINOPSE

SOLOS é unha mirada, cómica e entrañable, polo ollo da pechadura da casa de un de tantos anciáns invisíbeis.
Unha vella radio consola os rutineiros días de Aurelio. Pasaron moitos anos desde que saíu a derradeira fornada de madalenas da súa panadería, un par de semanas desde que pisou a rúa por última vez e apenas un instante desde que non lembra o que esquecera. Sen decatarse espertou a voz durmida dos obxectos que, animados polo seu delirio, disfrázanse de marionetas para contarlle os seus segredos.
Un poético espectáculo para rir da vida.

FICHA

Actores/manipuladores : Santos Sánchez, Meri Fernández e Álex Ramos

Idea orixinal : Ymedioteatro
Deseño e construción de escenografía : Ymedioteatro
Dirección de arte : Isabel Torres
Deseño de vestiario : Meri Fernández
Confección de vestiario : El Costurero de Seve
Deseño gráfico : Olaavi Naamio
Deseño e dirección técnica : Anette Malaussène
Montaxe de vídeo : Klaus Wenders
Fotografías : Rosillo

Dirección : Ymedioteatro

_________________________________________________________________________________


DATA: MÉRCORES 30                                            
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: SIN REMITE
COMPAÑÍA: JEAN PHILIPPE KIKOLAS
PROCEDENCIA: CASTILLA Y LEÓN
XÉNERO/TÉCNICA: CIRCO TEATRO E HUMOR XESTUAL
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 240
TARIFA: 4 €

A OBRA

SINOPSE
Un espectáculo de circo teatro e humor xestual.
Unha personaxe sen palabras, que esperta un aire de nostalxia.
Un xogo coa escena, os obxectos e o público.
Con esta premisa de xogo preséntase “SIN REMITE”. A través de técnicas como o teatro xestual, comedia slapstick (golpe e ‘porrazo’) ou diferentes gags visuais, introdúcenos no seu particular mundo e achéganos a un oficio que cada vez nos parece máis afastado.
Utiliza variadas técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e unha morea de solucións para os conflitos que se plantexan e que lle levarán incluso a introducirse dentro dun globo xigante.
Inspirado no cómico francés Jacques Tati, e a súa curtametraxe “L’Ecole du Facteurs” (1947)

FICHA

Jean Philippe: Quique Méndez

Técnico rexedor: Enrique Sebastian
Escenografía: Francisco Porras
Vestiario: El Pozo Amarillo
Atrezzo: Taller Guirigay. Saúl Velázquez
Fotografía: Beatriz Merino, David Palacin, Alberto Uyarra, Pablo Ventura.

Dirección: Quique Méndez

* Vídeo promocional: http://vimeo.com/89499549
_________________________________________________________________________________

DATA: MÉRCORES 30                                            
HORA: 18'00 e 18'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL (SALA AZUL)
ESPECTÁCULO: CHOVE
COMPAÑÍA: TITEREFICCIÓS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO PARA BEBÉS
IDADE RECOMENDADA: DE 1 A 3 ANOS
DURACIÓN: 20’
AFORO: 50 (1 adulto por nena/o)
TARIFA: 3 €

A OBRA

SINOPSE
O amparo dos paraugas, saltar nos charcos, as rúas molladas... Hai moitas cousas divertidas na choiva.
Neste espectáculo collen todas esas cousas que veñen da choiva e das que tanto gustamos: a herba, as flores, as hortas, os alimentos, as paisaxes verdes...
Dous personaxes amósannos con xogos e enredos que cantidade de marabillas trae a choiva antes e despois de que veña e marche.
Aínda que cando chove non podemos saír e pasalo ben, "Chove" métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol espertan na natureza.
Un espectáculo para ver ao quentiño!
Espectáculo feito para a primeira infancia respectando os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, duración e achegamento aos elementos empregados na representación.


FICHA

Elenco: Roberto Casal Mouriño e Sofía Espiñeira

Dirección: Titereficciós

* Vídeo promocional: http://vimeo.com/115249718
_________________________________________________________________________________

DATA: MÉRCORES 30                                            
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: FABOO, EL ENCANTO DE LA IMAGINACIÓN
COMPAÑÍA: ESCENA CREATIVA
PROCEDENCIA: MADRID
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO XESTUAL E DE OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 48’
AFORO: 300
TARIFA: 4 €

A OBRA

SINOPSE
“Faboo, el encanto de la imaginación" é un espectáculo visual caracterizado pola súa simplicidade e expresividade que estimula a imaxinación e creatividade de nenos e adultos.
Abonda un corpo humano, uns elementos cotiáns e doses de creatividade para que naza Faboo,
un ser singular que se expresa a través de xestos e sons, de xeito inocente e espontáneo, cunha imaxinación desbordante capaz de cativar a espectadores de calquera idade

FICHA

Faboo: Laura De Arcos
Manupilación: Eva Pereira

Dirección e creación: Óscar Vidal

* Premio FETEN 2015, pola súa expresividade.


_________________________________________________________________________________


ADEMAIS...

* Do martes 15 ao xoves 17 nos colexios:
LACOTRE PRODUCIÓNS CON PROMOCIÓNS DA MOTI
* Do mércores 23 ao martes 29 de 18’00 h. a 19’00 h. Polas rúas da cidade:
LACOTRE PRODUCIÓNS CON ACCIÓNS TEATRAIS

_________________________________________________________________________________

ORGANIGRAMA DA 12ª MOTI

Director da Mostra
Fernando Dacosta

Equipo de organización de Sarabela Teatro
Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Nate Borrajo

Deseño gráfico
Disigna Edenia

DVD e fotos
Alba Vázquez Carpentier

Técnicos  da Mostra
Persoal do Teatro Principal e Auditorio Municipal
David Díaz, José Manuel Bayón e Rubén Dobaño


O teu tempo cos nenos é o mellor agasallo



A 12ª MOTI celébrase sendo

Concelleira de Cultura do Concello de Ourense
Belén Iglesias

Directora do Teatro Principal de Ourense
Olga Mojón

Vicerreitor do Campus de Ourense
Virxilio Rodríguez

Técnico de cultura do Campus de Ourense
Filemón Rivas



A MOTI INFORMA:

Cada espazo porá á venda AS ENTRADAS que lle corresponden desde o primeiro día para todos os días: Teatro Principal, Auditorio Municipal, Sala Pardo Bazán da Universidade (Edificio de ferro/facultades - Campus) ata a finalización das mesmas por rigorosa orde de venta.
* Teatro Principal: Desde o día 26 e para todas as funcións no teatro.
Horario de taquilla de 12'00 a 14'00 e 1 hora antes da función.
* Auditorio: Desde o día 26 e para todas as funcións no Auditorio.
Horario de taquilla desde 2 horas antes da función.
* Campus (Recadación para UNICEF): Desde o día 26 e para todas as funcións no campus.
Horario de taquilla desde 1 hora antes do comezo da función.

As nenas e nenos deben ir acompañados dunha persoa adulta que se responsabilice deles.

* No caso de aforo moi reducido (Teatro para a primeira infancia, maiores de 1 ano: ARENA EN LOS BOLSILLOS martes 29 no campus ás 17’00 e ás 18'15 h. e TITEREFICCIÓS mércores 30 no Auditorio Sala Azul ás 18’00 e ás 18'30 h) só 1 persoa adulta por nena/o pola limitación de aforo.


A MOTI COLABORA CON:


A 12ª MOTI é posible gracias a:

CONCELLERÍA DE CULTURA / AUDITORIO MUNICIPAL
Concello de Ourense

UNIVERSIDADE DE VIGO
Vicerreitoría do Campus de OURENSE

TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
Deputación Provincial de Ourense

SARABELA TEATRO


COLABORA
XUNTA DE GALICIA. AGADIC