martes, 17 de diciembre de 2013

PROGRAMA DA 10ª MOTI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE


Este é o programa da 10ª edición da MOTI 2013 (Mostra de Teatro Infantil de Ourense)
Para ver a información máis grande só hai que pulsar na imaxe co rato.

Respecto ás entradas, como se explica, póñense por rigorosa orde de venta nas billeteiras dos distintos espazos desde o primeiro día para todos os días 
(as entradas que corresponden a CADA espazo).

Suxírese asegurarse de que se van ter as entradas (sobre todo nas de aforo reducido), 
antes de ir cos cativos/as aos teatros.

Hai algunhas funcións que seguen outra liña por ser programación propia dos espazos, e son as que corresponden ao día 28 de decembro:

TEATRO PRINCIPAL: Otro gran teatro del mundo (12-9-8 euros)
AUDITORIO: La vuelta al mundo (5 euros)

As entradas para estas 2 funcións poden adquirirse por internet cos sistemas dos propios espazos.
No caso de "Otro gran teatro del mundo" a tarifa é superior á que aparece publicada porque se trata dunha función propia do Teatro Principal que non pode entrar nas tarifas MOTI.

Para ver imaxes das representacións podedes acceder ao facebook da MITEU: miteuourense

Agardamos que sexa do voso agrado.