domingo, 13 de diciembre de 2009

PROGRAMA DA 6ª MOTI 2009




********************************
PROGRAMA RESUMIDO
********************************
Venres 25 ás 19'30 na Rúa do Paseo
TRÉCOLA TEATRO con ...CORRE, CORRE, QUE CHEGA A MOTI!

Sábado 26 ás 17'00 no Principal
MONICREQUES DE KUKAS con CONTOS DO VENTO ACATARRADO

Sábado 26 ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio
ONÍRICA MECÁNICA con EL INTRÉPIDO VIAJE DE UN HOMBRE Y UN PEZ

Sábado 26 ás 19'15 no Campus
DVÁ con O DESERTO DE RUB AL-KHALI

Domingo 27 ás 17'00 no Principal
ARTESTUDIO TEATRO con LA VUELTA AL MUNDO EN MENOS DE UNA HORA

Domingo 27 ás 17'15 e ás 19'15 no Campus
DA TE DANZA con SUEÑA

Domingo 27 ás 19'00 no Auditorio
PALIMOCO TEATRO con CONSTRUCIÓNS CLEMENTINA, DÍGAME?

Luns 28 ás 17'00 no Principal
LA TIRITA DE TEATRO con EL ROMEO Y LA JULIETA

Luns 28 ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio
AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL "GEPETTO" con OS NENOS DO TÚNEL

Martes 29 ás 17'00 no Principal
O RETRETE DE DORIAN GRAY con RÚA AIRE

Martes 29 ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio
LA ROUS con LA CASA DEL ABUELO

Mércores 30 ás 19'00 no Principal
ENTREMÁNS con CONCERTO DESCONCERTO

Mércores 30 ás 17'00 e 20'00 no Auditorio
LE LUTIN THÉÂTRE D'IMAGES con POISSON PÊCHEUR (Peixe pescador)

Mércores 30 ás 19'15 no Campus
TÍTERES TROMPICALLO con NADARÍN
********************************
PROGRAMA AMPLIADO
********************************
DATA VENRES 25
HORA 19'30
LUGAR RÚA DO PASEO
ESPECTÁCULO ... CORRE, CORRE, QUE CHEGA A MOTI!
COMPAÑÍA TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA PASACALLES
IDADE RECOMENDADA INFANTIL
DURACIÓN 40'
AFORO ILIMITADO
TARIFA GRATUITO
A OBRA
SINOPSE
Coloca ben ese foco. ¿As butacas están limpas? Mira o telón, que se deslice ben. Ei! preparade as entradas... E o máis importante: a maxia... os trasnos teatreiros están moi atarefados, queren que todo estea a punto: a MOTI está a piques de chegar e o encantamento do teatro non ha faltar!
FICHA
ACTORES
Alfonso Míguez, Ledicia Álvarez "Lele", Uxía Pérez, Tegra, María Díaz, Héctor Casas, Miguel Martínez, Natalia Forjan, Silvia Domínguez, Andrea Cid, Carlos Rafael, Toni Bañobre, Eva Tato, Juan Méndez, Paula Dopazo
ZANCOS
Félix e Paula
MÚSICA
Perqtores de Seixalbo
DIRECCIÓN
Trécola Teatro
*************************************************
DATA SÁBADO 26
HORA 17'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO CONTOS DO VENTO ACATARRADO
COMPAÑÍA MONICREQUES DE KUKAS
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR E MARIONETAS
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 214
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
Un día no que o vento estaba triste e acatarrado (pois o sol do mes de agosto quentaba de tal xeito que máis que quentar, queimaba) o señor Don e a señora Dona dispúñanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba, cando sentiron un xemido escachado... era o vento que se laiaba de dor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.
Faloulles de como un día Flash a lámpada esquimó que vivía no Polo Norte veu parar a Galicia, ou de como o Espantallo regalou ata o seu corazón para axudar aos animais do campo.
Tamén lles contou a incrible historia da Bala de Luisiño que era unha bala moi ilustrada que ata sabía latín e non gustaba da guerra.
E por último, aínda lle deu tempo de contarlles como nun país chamado Galicia vivían unhas árbores moi ledas chamadas Carballos e de como tiveron que marchar á emigración.
FICHA
INTÉRPRETES Kukas e Isabel Rey

AUTOR Marcelino de Santiago
MARIONETAS, ATREZZO, ESCENOGRAFÍA, CARTEL Kukas
TELÓNS Seara.
VESTIARIO Isabel Rey

PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN Isabel Rey.

DIRECCIÓN Gena Baamonde, Kukas e Isabel Rey.
**********************************************************
DATA SÁBADO 26
HORA 17'00 e 19’00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO EL INTRÉPIDO VIAJE DE UN HOMBRE Y UN PEZ
COMPAÑÍA ONÍRICA MECÁNICA
PROCEDENCIA MURCIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO VISUAL E DE OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 8 ANOS
DURACIÓN 60’
AFORO 70 (en cada función)
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
“Esta é a historia dun home que quería nadar un pouquiño e dun peixe que soñaba con saltar o cristal na procura de novos horizontes”
Un home e un peixe percorren o mundo. Acoden aos lugares onde son convidados con todos os seus cacharros: Monecos de arame, luces de nadal, estraños obxectos e letras voadoras, para contar unha historia cada noite. Pequenos contos fantásticos que non teñen nada que ver con eles, nin coas súas vidas, nin sequera coas vidas dos escoitantes que alí se reúnen... Aínda que, as pequenas cousas que poñen a pel de pita sempre atrapan algunha parte dos nosos sentimentos.
FICHA
O PEIXE Jonás el pez
O HOME Jesús el hombre.
MANIPULACIÓN DE MONEQUIÑOS E COUSIÑAS Sergio García.
LUCES E LAMPADIÑAS Paloma Parra.
O VENTO DO DIRIXIBLE Marta Gómez.
RUÍDOS E MUSIQUIÑAS Mauricio Corretjé.
CACHARROS La Faena, David Herráez.
ECOS DO ARAME María Pompas.
IDEAS DE SOFÁ VERDE Ana Ramos.
UN CONTO SOÑADO POR Jesús Nieto.
****************************************************
DATA SÁBADO 26

HORA 19'15

LUGAR CAMPUS (SALA MULTIUSOS. EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO O DESERTO DE RUB AL-KHALI
COMPAÑÍA DVÁ
PROCEDENCIA GALICIA-BIELORRUSIA
XÉNERO/TÉCNICA NARRACIÓN E MÚSICA
IDADE RECOMENDADA INFANTIL
DURACIÓN 60’
AFORO 120
TARIFA 3 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Un punto de partida, unha viaxe, un encontro, unha morea de músicas que acompañan esta historia de Paula Carballeira.
Un músico de Esmirna e outro de Alma - Atá van na procura de Muck, a persoa que mellor afina no mundo. Para iso terán que adentrarse no deserto de Rub Al-Khali, que en árabe quere dicir ‘o lugar baleiro’, o deserto máis deserto que existe.
Un concerto de música dende Bielorrusia a Galiza;
músicas de cine (francés, polaco, ruso),
músicas tradicionais e versións novas,
músicas de fábula, con personaxes que comezan a cantar...
Interpretaremos tamén os nosos propios temas orixinais.
Os instrumentos protagonistas serán o acordeón e a gaita.
Tocaremos tamén outros: un piano de cola de xoguete, un metalófono cromático, a melódica, a ocarina, percusións, o whistle e a trompa.
FICHA
ACORDEONISTA Vadim Yukhnevich
GAITEIRO Manolo Panforreteiro
DVÁ significa “dous” en ruso.
************************************************************
DATA DOMINGO 27
HORA 17’00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO LA VUELTA AL MUNDO EN MENOS DE UNA HORA
COMPAÑÍA ARTESTUDIO TEATRO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA MUSICAL
IDADE RECOMENDADA INFANTIL (MAIORES DE 3 ANOS)
DURACIÓN 55’
AFORO 214
TARIFA 4€
A OBRA
SINOPSE
Trátase dun concerto animado e divertido, no que os nenos e os que non o son tanto pasarán un momento marabilloso mergullándose nun mundo de música e aventuras.
Agmed é un habitante de Bagdad que ten un posto no Zoco. É o vendedor máis famoso. No seu bazar ten de todo: comida, roupa, especias e perfumes que nos trasladan a terras afastadas. Pero Agmed non vende, senón que lle entrega aos viaxeiros víveres para as súas rutas a cambio de historias, obxectos e cancións que os camiñantes transportan desde os seus lugares de orixe.
Agmed non está só xa que ten ao seu lado a tres músicos e a dúas bailarinas chegados de distintas partes do mundo que lle axudarán a poñer música, danza e imaxes a cancións infantís dos continentes que conforman o noso planeta. Así entre Agmed, os seus amigos e o público asistente tentarán unha proeza ao alcance de moi poucos: dar a volta ao mundo nunha hora! Abrochade os cintos porque a viaxe vai comezar.
FICHA
ELENCO
Manu Clavijo, Ignacio Martín, Manuel Fonte, Ramiro Neira, Estefanía Gómez Cascudo, Alba Fernández Cotelo
AUTORES Ramiro Neira e David Seisdedos
ESCENOGRAFÍA, SON, VESTIARIO Artestudio Teatro
ILUMINACIÓN RTA
DIRECCIÓN Ramiro Neira
******************************************************
DATA DOMINGO 27
HORA 17’15 e 19'15
LUGAR CAMPUS. SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO
ESPECTÁCULO SUEÑA
COMPAÑÍA DA TE DANZA
PROCEDENCIA ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA DANZA CONTEMPORÁNEA
IDADE RECOMENDADA DE 2 A 5 ANOS
DURACIÓN 40’
AFORO 80 (en cada unha das funcións.1 neno/a con 1 adulto)
TARIFA 3 € (recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Unha soa bailarina no escenario. Non é preciso ninguén máis. Lavar a roupa pode converterse nunha acción máxica; verquer a auga quente, sentir o aroma que desprende e palpar o vapor de auga provoca unha ensoñación que inventa ao seu redor un mundo máxico, un mundo onde cada aceno, cada actitude e cada obxecto teñen mil significados, un mundo onde a fantasía é quen de transformar o cotián, soñando, imaxinando, convertendo cada tarefa en beleza, en maxia, en tenrura... ás veces case coma un rito, ás veces case coma un xogo...
FICHA
IDEA ORIXINAL E COREOGRAFÍA Celia Sako
COMPOSICIÓN MUSICAL Jesús Fernández /Nicolo Paganini (Cantabile Op. 17)
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Ernesto Monza
DESEÑO E REALIZACIÓN DE VESTIARIO Javier F. Casero
DESEÑO E REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA DA. Te Danza e Patricio Altuna
FOTOGRAFÍA Ruperto Leal
PRODUCIÓN EXECUTIVA Luis Fas
ASISTENTE DE DIRECCIÓN Rosa Mari Herrador
DIRECCIÓN Celia Sako e Omar Meza
*******************************************************
DATA DOMINGO 27
HORA 19’00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO CONSTRUCIÓNS CLEMENTINA, DÍGAME?
COMPAÑÍA PALIMOCO TEATRO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 60'
AFORO 300
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
Ás veces cústanos apreciar o que temos ao noso redor
Ás veces non somos quen de coidar o que temos
Ás veces non queremos soñar
Ás veces pecho os ollos e véxoa a ela
Construcións Clementina, dígame?
E parece chiscarme un ollo dende a lúa, onde segue empeñada en construír os soños que este mundo non quere.
Pero ela non cansa, ela seguirá sempre coidando de que ninguén deixe de soñar
Porque ela é cabezona, e está disposta a construír os soños na lúa
FICHA
ELENCO
Paula Buján, Sabela Martínez, Alfonso Míguez, Alberte Vivero, Paloma Lugilde
ESCENOGRAFÍA Suso Díaz
IMAXES Suso Díaz e Diego Blanco
FOTOGRAFÍA Mario García Herradón
MÚSICA Germán Díaz PI
VESTIARIO Teté Díaz
REALIZACIÓN DO VESTIARIO Teté Díaz, Chelo Trinidad, María Lamela.
CARTACES E PROGRAMAS Tatata
EQUIPO TÉCNICO DE LUZ E SON Luzsonga. Alfredo Sarille
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN Javier Díaz e Maribel Lugilde
PRENSA Maica García
ASESORAMENTO Suso Díaz
ASISTENTE DE DIRECCIÓN Alba Fernández
DIRECCIÓN Paloma Lugilde
******************************************
DATA LUNS 28
HORA 17’00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO EL ROMEO Y LA JULIETA
COMPAÑÍA LA TIRITA DE TEATRO
PROCEDENCIA CASTELA - A MANCHA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERES, MÁSCARAS E ACTORES
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 8 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 214
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
Que pasaría se Romeu e Xulieta fosen dous nenos, fillos de inmigrantes? E se en lugar de Montescos e Capuletos a “disputa” fose entre dúas culturas tan diferentes como a nixeriana e a colombiana? Este é o punto de partida de El Romeo y la Julieta. Román e Julita viven a súa historia de amor fronte á oposición dos seus pais, que desexan preservar as súas raíces nun país estraño, e a comprensión das súas nais, que saben ver o amor que os une máis aló da cor da pel e da súa orixe. Os amigos de Román e Julita asisten, como nenos que son, ao namoramento destes, entre divertidos e asombrados. Algúns sacan á luz o mellor e outros o peor, o racismo que non deixa de ser o froito da ignorancia e a intolerancia. El Romeo y la Julieta fálanos de emigración, integración e, o máis importante, de que por enriba de todo están as persoas, os sentimentos e o respecto cara aos demais. Fálanos da máscara da sociedade e das persoas, dos prexuízos. Fálanos da mestizaxe, tan necesaria coma real, das culturas, das persoas que se atopan casualmente nun lugar e non miran a cor da pel, nin o acento, senón os valores que cada un leva dentro.
FICHA
ACTORES-MANIPULADORES Patricia Charcos, Rodrigo Ramírez y Paco Úbeda
Adaptación de “Romeo e Xulieta” de William Shakespeare, sobre unha idea orixinal de Paco Úbeda e texto de Llanos Campos.
MÚSICA Sulpicio Molina
ILUMINACIÓN José Diego Ramírez
COREOGRAFÍAS José María Bañón
FOTOGRAFÍA María Sanz
BOCETOS E PINTADO DE TÍTERES Ciro
VESTIARIO DE TÍTERES Cristina González Leiva
CONSTRUCIÓN DE TÍTERES Paco Úbeda
CONSTRUCIÓN DE MÁSCARAS Luis Alberto Guirado
ESCENOGRAFÍA La Tirita de Teatro
DIRECCIÓN Alberto Alfaro
**********************************************************
DATA LUNS 28
HORA 17’00 e 19’00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO OS NENOS DO TÚNEL
COMPAÑÍA AULA UNIVERSITARIA DE teatro infantil de OURENSE "GEPETTO"
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA INFANTIL (MAIORES DE 3 ANOS)
DURACIÓN 55’
AFORO 100 (En cada unha das funcións)
TARIFA 4 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Grazas ao ancián Vences viaxaremos ao pasado da cidade, e saberemos por que todos os cativos corrían un gran perigo. OS NENOS DO TÚNEL, os que viven debaixo das rúas do mercado, nos sumidoiros, saben o que pode acontecer e terán que resolver eles mesmos o grave problema porque ninguén máis lles axudará.
FICHA
REPARTO
VENCES Darío Rodríguez
KASI Eva Tato
NAPO Toni Bañobre
MADÚ Galicia Gutiérrez "Gali"
SELINA Silvia Domínguez
DAMI Elena Balboa
RANDA Raquel Penín
TÉCNICOS Suso Díaz, Rubén Dobaño, José Manuel Bayón, David Varela
ESCENOGRAFÍA E ATREZZO Sarabela Teatro
ESPAZO ESCÉNICO Elena Seijo
SELECCIÓN MUSICAL Rubén Dobaño
DESEÑO DE LUZ Suso Díaz
VESTIARIO Sarabela Teatro
ESCRITA E DIRECCIÓN Elena Seijo
********************************************
DATA MARTES 29
HORA 17'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO RÚA AIRE
COMPAÑÍA O RETRETE DE DORIAN GRAY
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERE DE GLOBO
IDADE RECOMENDADA INFANTIL (MAIORES DE 3 ANOS)
DURACIÓN 60’
AFORO 214
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
O Retrete de Dorian Gray, en coprodución co CDG, presenta a primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos.
Unha marioneta de curta vida, que pode ser creada ante os ollos do espectador. Miles de formas, de seres humanos, animais, un documental sobre un mundo novo. No escenario, outro escenario máis pequeno: unha mesa de manipulación chea de resortes luminosos e sonoros.
Dous titiriteiros que guían a viaxe. Eles accionan todo o que ocorre, disparan a música, cambian as luces, convertíndose nunha especie de ñaque medieval de ciencia-ficción. Unha aposta pola poética do sinxelo, por unha linguaxe visual limpa.
FICHA
AUTORÍA, INTERPRETACIÓN E DIRECCIÓN Marcos PTT Carballido y Ezra Moreno
COPRODUCIÓN
Centro Dramático Galego
DESEÑO DO ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN Fidel Vázquez
DESEÑO DO ESPAZO SONORO Pablo Rega
REALIZACIÓN DA ESCENOGRAFÍA José Viruta e Rafa Barreiro
REALIZACIÓN DO VESTIARIO Cloti Vaello
PRODUCIÓN Belem Brandido
DIRECCIÓN EXTERNA Jordi Ferrés
***************************************
DATA MARTES 29
HORA 17’00 e 19'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO LA CASA DEL ABUELO
COMPAÑÍA LA ROUS
PROCEDENCIA ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE ACTRIZ E OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 120 (Para cada unha das funcións)
TARIFA 4 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
O avó vive na súa rotina. Lávase á mesma hora, almorza á mesma hora, pasea á mesma hora.
Un día as súas pernas deciden deixar de camiñar, e pouco a pouco vaise apagando.
Cando o avó morre e marcha para sempre, os que quedan constrúen unha casa moi perto del.
Así continúa a historia: placidamente, abrindo e pechando caixóns. Lembrando con cariño, a través dun escritorio, o que foi a súa vida. Disque os que marchan sobreviven polas lembranzas que perviven deles naqueles que os amaron...
FICHA
ACTRIZ E TITIRITEIRA Rosa Díaz
AUTORA Rosa Díaz
COLABORACIÓN NO GUIÓN Ángeles Jiménez
DESEÑO E REALIZACIÓN DE VESTIARIO Laura León e Ángeles Jiménez
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA Ariel García e Rosa Díaz
REALIZACIÓN José Toral
DESEÑO ILUMINACIÓN Retalo 2004
MÚSICA ORIXINAL Mariano Lozano-P
DIRECCIÓN NO TRABALLO CON OBXECTOS María José Frías
DESEÑO DE ATREZZO Ariel García, Elisa Ramos, Rosa Díaz
REALIZACIÓN Ariel García, Elisa Ramos, Iker Pérez
DESEÑO E REALIZACIÓN TÍTERES Ariel García e Iker Pérez
DESEÑO GRÁFICO Fabian Huertes
DESEÑO ILUSTRACIÓNS PROXECTO Elena Díaz Frutos
FOTOGRAFÍA Pepi Díaz Clemente
DISTRIBUCIÓN Ángeles Jiménez
DIRECCIÓN Rosa Díaz e Mauricio Zabaleta
*******************************************
DATA MÉRCORES 30
HORA 19'00
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO CONCERTO DESCONCERTO
COMPAÑÍA ENTREMÁNS
PROCEDENCIA GALICIA-CUBA
XÉNERO/TÉCNICA DANZA-TEATRO
IDADE RECOMENDADA A PARTIR DE 5 ANOS
DURACIÓN 80’
AFORO 214
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
Creo que todo ten que ver coa terrible circunstancia de estar arrodeado de auga por todas partes... Afortunadamente só foi un apagamento da alma. Este durou arredor dunha hora, pero bastou para deixar un arrecendo de café negro que agasallaba unha apoteose de lembranzas con rostros, murmurios, ilusións e anécdotas, unhas certas e outras non. Bailando nunha especie de áurea de nostalxia que ao parecer protexía os acordos airados. ¡Ai avoa! Ti, na túa butaca randeando cubanía a berros, bicos, bolero e ron.
Meu, quita catao i pon quinqué!
FICHA
INTERPRETACIÓN Alexis Fernández, Kirenia Martínez, Armando Marten y Caterina Varela
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Antón Arias
ASESORAMENTO E PRODUCIÓN MUSICAL Mercedes Peón
TÉCNICO DE SON Ezequiel Orol
PRODUCIÓN Estefanía Vázquez
ASISTENCIA DE DIRECCIÓN Kirenia Martínez
DIRECCIÓN Alexis Fernández
Espectáculo coproducido pola Compañía Entremans e pola AGADIC, a través do Centro Coreográfico Galego.
**********************************************
DATA MÉRCORES 30
HORA 17'00 e 20'00
LUGAR AUDITORIO
ESPECTÁCULO POISSON PÊCHEUR (PEIXE PESCADOR)
COMPAÑÍA LE LUTIN THÉÂTRE D'IMAGES
PROCEDENCIA FRANCIA
XÉNERO/TÉCNICA TEATRO DE OBXECTO
IDADE RECOMENDADA MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN 50’
AFORO 100 (Para cada unha das funcións)
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
O universo onírico da pesca e o mar é o tema central dun percorrido evocador e poético que transporta ao espectador. Unha proposta artística sen palabras e visual, cun trato minimalista e cinematográfico. Unha historia cargada de fantasía, un personaxe que evoluciona durante a viaxe, á vez grumete, capitán, mariñeiro e pescadeiro, un espectáculo que ofrece diversas lecturas a cabalo entre o mundo real e un mundo imaxinario.
FICHA
A TRIPULACIÓN A BORDO
GRUMETE/CAPITÁN/MARIÑEIRO/PESCADEIRO Sarah Darnault
MARIÑEIRO MAQUINISTA Patrick
ESTALEIRO
ALMIRANTE ARTÍSTICO Gaëlle Boucherit
VICE-ALMIRANTE Sarah Darnault
CONSTRUCIÓN NAVAL Géraldine Bessac
BRUMA SONORA Victor Betti
BRUMA VISUAL Stéphane Duron
ACCESORIOS DO BARCO Thierry Furet / Pier Casta
ARMADOR/ROUTER/SKIPPER Le Lutin Théâtre d’Images
******************************************************
DATA MÉRCORES 30
HORA 19’15
LUGAR CAMPUS. SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO
ESPECTÁCULO NADARÍN
COMPAÑÍA TÍTERES TROMPICALLO
PROCEDENCIA GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA TÍTERES
IDADE RECOMENDADA INFANTIL (Maiores de 3 anos)
DURACIÓN 50’
AFORO 120
TARIFA 3 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Nadarín, un pequeno peixe de papel, consegue fuxir da destrución e adentrarse no mar, converténdose nun peixe de verdade.
A partir deste momento comeza para él unha aventura emocionante nun mundo novo e descoñecido. Está só, pero é un gran observador e isto benefíciao á hora de aprender a sobrevivir e a relacionarse. Na súa viaxe atoparase con todo tipo de criaturas mariñas: pequenos peixes, centolas, ostras, cabaliños de mar, baleas…. Coñecerá a amizade, e a través dela o divertimento, a aventura e o risco. Tamén saberá que é o medo cando, xogando, Nadarín e o seu Amigo provocan a aparición do Peixe Enorme, que coa súa forza destrutiva é capaz de separar e dividir aos pequenos peixes para devoralos. A vida no mar perde daquela o seu equilibrio e prodúcese o caos.
Nadarín terá que ser valente e tomar a iniciativa...
FICHA
TITIRITEIROS Marian González e Luis González
GUIÓN Cristina Ferreirós
DESEÑOS Ani Petrova
MÚSICA ORIXINAL Nacho Sanz
DIRECCIÓN E POSTA EN ESCENA Plamen Dipchikov
********************************************************


6ª MOTI
Director da Mostra
Fernando Dacosta
Equipo de organización de Sarabela Teatro
Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Suso Díaz, Flor Figueroa
Deseño gráfico
1: media
DVD e fotos
Alba Vázquez Carpentier
Técnicos da Mostra
Persoal do Teatro Principal e Auditorio
Suso Díaz, Xosé Manuel Bayón, Rubén Dobaño e David Varela

GRACIAS:
Por non entender tantas cousas que se dan por supostas no noso mundo e preguntar cantas veces sexa necesario: por que?

A 6ª MOTI celébrase sendo
Concellala de Cultura do Concello de Ourense
Isabel Pérez
Directora do Teatro Principal de Ourense
Olga Mojón
Xerente da AGADIC
Juan Caros Fasero
Vicerreitor do Campus de Ourense
Juan Francisco Gálvez
Técnico de cultura do Campus de Ourense
Filemón Rivas

A MOTI INFORMA:
AS ENTRADAS poden adquirirse en cada un dos espazos onde hai representacións: Teatro Principal, Auditorio, Multiusos da Universidade (Edificio de ferro/facultades - Campus) ata a finalización das mesmas por rigorosa orde de venta.
* Teatro Principal: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla de 11’00 a 13’30
e 1 hora antes da función.
* Auditorio: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla de 11’00 a 14’00 (días de semana) e 2 horas antes da función (todos os días).
* Campus: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla desde 1 hora antes do comezo da función.
As nenas e nenos deben ir acompañados de pais, titores, ou responsables dos mesmos
A MOTI COLABORA CON:
UNICEF

A 6ª MOTI é posible gracias a:


UNIVERSIDADE DE VIGO
Vicerreitoría do Campus de OURENSE
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
Excma. Deputación Provincial
CONCELLALÍA DE CULTURA / AUDITORIO MUNICIPAL
Concello de Ourense
AGADIC
SARABELA TEATRO