5ª MOTI
MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE
DO 25 AO 30 DE DECEMBRO DE 2008
XOVES 25 ás 18'30 na Rúa do Paseo
ZANCOLINO PRODUS con SEGUIMOS SEN ATOPAR A MAMÁ
VENRES 26 ás 12'00 no Complexo Hospitalario
TANXARINA con TITIRICIRCUS
VENRES 26 ás 18'00 e ás 19'00 no Teatro Principal
L´HOME DIBUIXAT con PIEDRA A PIEDRA
VENRES 26 ás 19'00 no Auditorio Municipal
TANXARINA con TITIRICIRCUS
SÁBADO 27 ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio Municipal
AULA UNIVERSITARIA GEPETTO con RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS
SÁBADO 27 ás 17'00 no Teatro Principal
CUARTA PARED con OJOS Y CERROJOS
DOMINGO 28 ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio Municipal
AULA UNIVERSITARIA GEPETTO con RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS
DOMINGO 28 ás 17'00 e ás 19'00 no Multiusos do Campus
KATARSIS con PA CAMA
DOMINGO 28 ás 17'00 no Teatro Principal
ENTREMÁNS con QUE PASA AQUÍ
LUNS 29 ás 17'00 no Teatro Principal
CACHIRULO con DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ
LUNS 29 ás 17'00 e ás 19'00 no Multiusos do Campus
LA CASA INCIERTA con ANDA
LUNS 29 ás 19'00 no Auditorio Municipal
JÁCARA TEATRO con LOS AMIGOS DE BART
MARTES 30 ás 17'00 no Teatro Principal
GORAKADA con LA CIUDAD INVENTADA
MARTES 30 ás 19'00 no Auditorio Municipal
RAYUELA con PLANETA DARWIN
MARTES 30 ás 19'00 no Campus
TRÉCOLA con PINOKIA
-----------------------------------------------------------------------------------
TRÉCOLA TEATRO con Animación de rúa
Do luns 15 ao venres 19 de 12'00 a 14'00. Colexios e garderías
Do sábado 20 ao martes 23 de 18'00 a 20'00. Rúas
Do venres 26 ao martes 30 de 18'00 a 19'00. Rúas
-----------------------------------------------------------------------------------
ENTRADAS
Teatro Principal: 4 €
Auditorio Municipal: 4 € (Recadación días 26 e 27 para UNICEF)
Campus: 3 € (recadación para UNICEF)
HORARIOS DE TAQUILLA
Teatro Principal: de 11'00 a 13'30 e 1 hora antes das funcións
Auditorio: de 11'00 a 14'00 e 2 horas antes das funcións
Campus: 1 hora antes das funcións
(Desde o primeiro día, venta para todos os días en cada espazo)
-----------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMA 5ª MOTI ( DETALLADO )
-----------------------------------------------------------------------------------
XOVES 25
"SEGUIMOS SEN ATOPAR A MAMÁ"
ZANCOLINO PRODUS
GALICIA
PASACALLES (ZANCOS E ACROBACIAS)
IDADE RECOMEDADA: INFANTIL
80 MINUTOS
GRATUITO
Despois das peripecias dos irmáns Zeta (Zico, Zaca, Zuco) percorrendo o mundo na procura
da súa Nai, o resultado segue sendo o mesmo: non a atopan. Daquela deciden emprender
unha nova busca coa incorporación dos irmáns pequenos (Zaco e Zeco) e de Fermín, o seu can acróbata
-----------------------------------------------------------------------------------
VENRES 26
19'00 - AUDITORIO MUNICIPAL (e 12'00 - CHOU)
TITIRICIRCUS
TANXARINA
GALICIA
MARIONETAS DE FÍOS E ACTORES
60 MINUTOS
AFORO PARA 500 ESPECTADORES
4 € (recadación para UNICEF)
Unha lembranza ensoñadora e festiva do grande circo de carpa e bicolor: A historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu
pasado na pista.
-----------------------------------------------------------------------------------
VENRES 26
18'00 e 19'00 - TEATRO PRINCIPAL
PIEDRA A PIEDRA (Premio FETEN 2008 ao mellor espectáculo de pequeno formato)
L'HOME DIBUIXAT
VALENCIA
TÍTERES E TEATRO DE OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: DE 3 A 6 ANOS
30 MINUTOS
AFORO PARA 100 ESPECTADORES
Un día, camiñando descalzo pola praia, comprobei que a terra está chea de pedras. Empecei a clasificalas e gardalas coma un preciosos tesouro. Se miras o que hai dentro delas, podes ver algunha cousa máis ca unha simple pedra.
Esta é unha proposta para espertar a imaxinación de nenos e nenas a través de obxectos inanimados.
"A imaxinación é máis importante que o coñecemento. O coñecemento é limitado. A imaxinación envolve o mundo". Albert Einstein
-----------------------------------------------------------------------------------
SÁBADO 27
17'00
TEATRO PRINCIPAL
OJOS Y CERROJOS
17'00
TEATRO PRINCIPAL
OJOS Y CERROJOS
60 MINUTOS
AFORO PARA 214 ESPECTADORES
4 €
Óscar e Bea son dous irmáns que viven encerrados na súa casa porque cren que no seu edificio hai unha maldición. A través das paredes escoitan ruídos estraños e nos corredores do edificio ocorren sucesos misteriosos. A causa do medo, Óscar foi enchendo a casa de cadeados e ferrollos, pero á súa irmá non lle gusta vivir encerrada. Un día Bea perde unha das moitas chaves que precisa para entrar na súa casa e necesitará recorrer á axuda dos seus veciños. A partir dese momento, todo cambiará.

SÁBADO 27 e DOMINGO 28
17'00 (Días 27 e 28) e 19'00 (Días 27 e 28)
AUDITORIO
RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS (ESTREA)
AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE DE TEATRO INFANTIL "GEPETTO"
GALICIA
TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: DE 3 a 7 ANOS
45 MINUTOS
AFORO PARA 40 ESPECTADORES
4 € (Recadación do día 27 para UNICEF)
No reino dos sentimidos celébrase unha reunión do Consello Supremo. Algo retrasa as votacións. Vermite, o encargado de marcar os tempos, explica aos seus
membros que a súa neta Rescuita caeu á Terra, onde corre perigo de desintegrarse en fume se non é rescatada antes da noite. Encargan esta misión a Fascot e Quispet, o sabio dos sentidos e a sabia dos sentimentos, pois saben que na Terra moitas veces aos nenos non lles deixan expresar os seus sentimentos. Rescuita está afeita a facelo e poden interpretala mal.
--------------------------------------------------------------------------------------------------

DOMINGO 28
17'00
TEATRO PRINCIPAL
QUE PASA AQUÍ
ENTREMÁNS
DANZA
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL (Maiores de 3 anos)
50 MINUTOS
AFORO PARA 214 ESPECTADORES
4 €
Ás veces a miña cadeira resúltame pequena e non podo chegarlle ás cousas da mesa, o teléfono da casa paréceme demasiado grande, pero é lixeiro e bonito, e a butaca deforme é a máis cómoda que tiven, pero... o reloxo vai ao revés, que pasa aquí?...
-----------------------------------------------------------------------------------
DOMINGO 28
17'00 e 19'00
SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO. CAMPUS
PA CAMA
KATARSIS
GALICIA / CANADÁ
TEATRO PARA BEBÉS
IDADE RECOMENDADA: DE 6 MESES a 3 ANOS
30 MINUTOS máis 15 MINUTOS DE ENCONTRO E DESPEDIDA
AFORO PARA 100 ESPECTADORES (1 adulto por bebé)
3 € (Recadación para UNICEF)
PA CAMA é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambiente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla envolvéndose e desenvolvéndose, a luz apagándose e prendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
-----------------------------------------------------------------------------------
LUNS 29
17'00
TEATRO PRINCIPAL
DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ
CACHIRULO
GALICIA
MARIONETAS DE FÍOS
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL (Maiores de 3 anos)
55 MINUTOS
AFORO PARA 214 ESPECTADORES
4 €
Espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que locen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Unha invitación do emperador convoca ao neno Mozart
para tocar en palacio. Isto esperta a envexa e desconfianza do mestre de cámara, que intentará impedir a celebración do concerto. Mentres, o neno, vivaz e alegre, sedúceo coa súa xenial
idade musical, incorporada nos seus xogos e tarefas cotiáns.
-----------------------------------------------------------------------------------
LUNS 29
17'00 e 19'00
SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO. CAMPUS
ANDA
LA CASA INCIERTA
MADRID
TEATRO PARA BEBÉS
IDADE RECOMENDADA: DE 6 MESES a 3 ANOS
35 MINUTOS
AFORO PARA 70 ESPECTADORES (1 adulto por bebé)
3 € (Recadación para UNICEF)
Un ollo para inventar o mundo dentro dunha barriga. Nai e fillo unidos polo espazo. E, nese intre, a Nai mira, ri, emociónase, transfórmase e divídese nunha viaxe simbiótica co seu bebé espectador. A Nai anda aniñando...
ANDA é unha pequena peza teatral expresada nun minúsculo cadro poético. Memoria do canto ou do murmurio compartido coa Nai. Gusto, tacto, oído, olfato, riso e choro sepáranse. Memoria do nacemento da separación, nace un ser humano disposto a andar o mundo, a pintar o mundo, a crear o mundo. Celebrémolo!
-----------------------------------------------------------------------------------
LUNS 29
19'00
AUDITORIO
MI AMIGO BART
JÁCARA TEATRO
ALICANTE
TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL (Maiores de 3 anos)
60 MINUTOS
AFORO PARA 500 ESPECTADORES
4€
Unha nena tenta debuxar un personaxe de fición ao que admira e non logra facelo nunca tal e como o ve na pantalla... Pero o personaxe cobra vida e amósalle que o máis importante é ser un mesmo, o que vale é o orixinal, e non a copia.
-----------------------------------------------------------------------------------
MARTES 30
17'00
TEATRO PRINCIPAL
LA CIUDAD INVENTADA
GORAKADA
EUSKADI
TÍTERES
INFANTIL (Maiores de 3 anos)
55 MINUTOS
AFORO PARA 214 ESPECTADORES
4 €
Na cidade inventada cohabitan diferentes contos tradicionais de lugares e procedencias diversas. Como ocorre coas persoas, relaciónanse entre si, mestúranse e enriquécense, dando lugar a unha historia moderna e mestiza
-----------------------------------------------------------------------------------
MARTES 30
19'00
AUDITORIO MUNICIPAL
PLANETA DARWIN
RAYUELA
CASTELA e LEÓN
TEATRO DE ACTOR e MULTIMEDIA
IDADE RECOMENDADA: A PARTIR DE 8 ANOS
55 MINUTOS
AFORO PARA 500 ESPECTADORES
4 €
Fósiles, tambores, un caderno de debuxo, paxaros desecados, un barco de vela, volvoretas...
A travesía que Darwin realizou a bordo do Beagle serve de andamiaxe para construir un espectáculo que cuestiona a nosa relación coa natureza.
Ás veces un museo de ciencias, ás veces un desván, un barco, unha selva,...
Acompañamos a Darwin na súa expedición para contrastar as experiencias que o levaron a formular a teoría da evolución, cos cambios que se producen no medio natural, como consecuencia da actividade humana.
-----------------------------------------------------------------------------------
MARTES 30
19'00 - SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO. CAMPUS
PINOKIA
TRÉCOLA TEATRO
GALICIA
TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL (Maiores de 3 anos)
55 MINUTOS
AFORO PARA 200 ESPECTADORES
3 € (Recadación para UNICEF)
A nosa Pinokia, logo de se mirar cara dentro, tenta agora saír cara as estrelas e os universos todos. Inxenua coma unha moneca e inqueda coma unha nena, a nosa criatura atopará na ousadía o seu xeito de vida. O país dos xoguetes ou o obradoiro de Gepeto?
A actuación dos títeres ou o colexio? A árbore da abundancia ou os consellos da Fada?
Na vida estamos sempre escollendo, e Pinokia xa ten idade para errar e medrar.
-----------------------------------------------------------------------------------