PROGRAMACIÓN DA 8ª MOTI (MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE) 2011
PROGRAMACIÓN AMPLIADA 8ª MOTI 2011
*****
DATA: DOMINGO 25
HORA: 19’30
LUGAR: RÚA DO PASEO (Zona Parque de San Lázaro)
ESPECTÁCULO: ANIÑAMOS NA MOTI
COMPAÑÍA: TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: PASACALLES - TEATRO DE RÚA
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 45'
AFORO: ILIMITADO
TARIFA: GRATUITO
A OBRA
SINOPSE
Buscan o seu lugar, gústalles bailar no ar...
Queren gozar, voando atopan onde poder aniñar...
O niño aquí está... a MOTI.
FICHA
ACTRICES-ACTORES: Ledicia Álvarez "Lele", Uxía Pérez, Tegra, María Díaz, Carlos Rafael, Marielvy Martínez, Uxía González, Yu Estévez, Andrea Cid, Héctor Martínez, Antea Rodríguez, .... entre outras actrices e actores
PRODUCIÓN: Trécola Teatro
DATA: LUNS 26
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA
COMPAÑÍA: LA TIRITA DE TEATRO
PROCEDENCIA: CASTELA A MANCHA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES
IDADE RECOMENDADA: DE 3 A 7 ANOS
DURACIÓN: 45’
AFORO: 214
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente...
Home! Como todo o mundo ten un pouco de susto do amor, éntranlle tremores cada vez que a ve a ela.
Pero é moi moi valente... sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando marcha a luz alí está a penumbra que lle impide ver ao seu redor, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruídos...
Da noite a Miguel só lle gusta a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra.
Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que seguen a dárnolo, por moi maiores que sexamos. Porque... Quen non se asusta do monstro de debaixo da cama? e do... ? Ai! que segue a darme susto.
FICHA
ACTOR/MANIPULADOR: Paco Úbeda
TEXTO: Pablo Albo
TÍTERES: Paco Úbeda
MÚSICA: Sulpi Molina
ILUMINACIÓN: José Diego Ramírez (Teatro a la sombrita)
DIRECCIÓN: Alberto Alfaro
*****
DATA: LUNS 26
HORA: 18'00
LUGAR: CAMPUS (SALA MULTIUSOS. EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: GUYI-GUYI
COMPAÑÍA: PERIFERIA TEATRO
PROCEDENCIA: MURCIA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 3 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 180
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Guyi-Guyi é un crocodilo que, por un azar da natureza, nace nunha familia de parrulos. Guyi-Guyi vive feliz coa súa familia ata que un día se atopa cun crocodilo. Cando descobre que os crocodilos comen parrulos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.
Guyi Guyi é unha adaptación libre do conto “O Parruliño feo” que nos permite escenificar dun xeito interesante e divertido o tema da procura da identidade, cuestión moi presente nunha sociedade tan globalizada como a de hoxe. O contraste entre os protagonistas axúdanos a representar o medo á diferenza e os prexuizos que temos sobre aqueles que se comportan de maneira distinta ao que agardamos.
FICHA
ACTRICES - MANIPULADORAS: Dora Cantero / Olga Solera - Mariso García / Begoña Iriarte
ADAPTACIÓN TEATRAL: Mariso García e Dora Cantero
CONSTRUCIÓN MONECOS E ESCENOGRAFÍA: Juan Manuel Quiñonero, Mariso García, Alfredo Guillamón
TÉCNICO: Juan Manuel Quiñonero
PRODUCIÓN: Periferia Teatro
DIRECCIÓN: Juan Manuel Quiñonero Redondo
DATA: LUNS 26
HORA: 19'00
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: LA NIÑA FAROLA
COMPAÑÍA: BALLET CARMEN ROCHE
PROCEDENCIA: MADRID
XÉNERO/TÉCNICA: DANZA NEOCLÁSICA-CONTEMPORÁNEA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN: 65’
AFORO: 700 (patio de butacas)
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Lola ten unha curiosa anomalía, absorbe a enerxía de todos os aparellos eléctricos. Isto pode semellar moi divertido, porque pode prender as cousas só con tocalas, pero ela síntese un pouco rara.
Non ten amigos, e vive pegada ao seu ordenador, que a acompaña sempre.
Lola e a súa familia múdanse de casa, e no seu novo barrio hai un parque moi peculiar, onde descubrirá a amizade e o grato que pode ser compartir cousas reais, deixando de agocharse tras da súa computadora e decatándose de que a súa singularidade pode ser moi útil aos demais.
FICHA
REPARTO
LOLA: Reyes Ortega
SUKI: Yuka Iseda
MIGUEL (O MATEMÁTICO): Edgar Chan
ROSSI: Ana Ponce
VÍCTOR (SKATER): Iván Delgado
IDEA ORIXINAL E COREOGRAFÍA: Amaya Galeote
DRAMATURXIA: Víctor Conde
MÚSICA: Marc Álvarez
DESEÑO E REALIZACIÓN DE VESTIARIO: Karmele Aspiazu
DESEÑO E REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Julio Galeote Dea
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Paloma Parra
PROXECCIÓNS: Juan Portones
DESEÑO DE CARTEL: Patricia Martínez
FOTOGRAFÍA: Iván Serrano
MÁSCARAS: Rubén Azpiazu
MESTRE REPETIDOR E ADXUNTO Á DIRECCIÓN: Orlando Salgado
ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Ana Ponce
SON E VÍDEO: Adrián Tudela
TÉCNICO DE ILUMINACIÓN: José Mora
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: María Castro
DIRECCIÓN: Carmen Roche
*****
DATA: MARTES 27
HORA: 17’00 e 18'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: ZAPATOS
COMPAÑÍA: CARAMUXO TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR E OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: DE 1 A 4 ANOS
DURACIÓN: 30’
AFORO: 90 (En cada función. 1 adulto por cada cativo/a)
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa?
Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias: as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores.
Unha mociña é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa fermosa bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.
"Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
FICHA
ACTRIZ: Laura Sarasola.
COREOGRAFÍA: Laura Sarasola.
ESPAZO ESCÉNICO, ATREZZO e TÍTERES: Caramuxo teatro.
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Juan Rodríguez.
DATA: MARTES 27
HORA: 19'00
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: HUMANOS
COMPAÑÍA: MARIE DE JONGH
PROCEDENCIA: EUSKADI
XÉNERO/TÉCNICA: CLOWN E MARIONETAS
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 5 ANOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 700 (patio de butacas)
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
“HUMANOS” conta a historia de dous seres que viven envoltos nunha felicidade… aparente. Recrean constantemente condutas humanas. Probablemente pretendan actuar así indefinidamente, pero todo muda cando un deles empeza a fallar.
“HUMANOS” é unha historia fantástica que nos axuda a reflexionar sobre a condición humana, sobre as características das persoas, os sentimentos, as emocións... Fala sobre o valor da superación dos nosos límites, pero tamén das nosas ilimitadas posibilidades.
FICHA
ACTRICES: Ana i Punto - Ana Meabe
DESEÑO ARTÍSTICO: Eider Eibar
ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: Javi Obregón (Kukubiltxo)
MÚSICA: Santiago Ramos
VESTIARIO: Mayda Zabala
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Bea Santolaya
IMAXES: Larraitz zuazo
SOPORTE TÉCNICO: Tarima
AXUDANTE DE PRODUCIÓN: Javi Renobales
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Jokin Oregi
*****
DATA: MÉRCORES 28
HORA: 17’00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: OH, QUE BONITO É PANAMÁ!
COMPAÑÍA: PANAMESIANA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR - CLOWN - MUSICAL
IDADE RECOMENDADA: DE 3 A 10 ANOS
DURACIÓN: 45'
AFORO 214
TARIFA 4 €
A OBRA
SINOPSE
Oso Pequeno e Tigre Pequeno viven apaciblemente na súa casiña do bosque. Un bo día, Oso pesca unha caixa que arrecende a plátanos e que leva escrita a palabra Panamá.
Desde ese momento Panamá é o lugar dos seus soños e deciden emprender viaxe para chegar a el.
Pero, por onde se vai a Panamá? Como Oso e Tigre non o saben buscan a axuda, infrutuosa, dos animais do bosque.
Finalmente, grazas a un corvo, conseguen chegar ao que eles cren que é Panamá, pero, é realmente Panamá?
FICHA
REPARTO
TIGRE PEQUENO: Mónica García
OSO PEQUENO: Tomás Lijó
LEBRE, RATA, VACA, GANSA, RAPOSA: Petra Hofmann
TEXTO: Janosch
TRADUCIÓN: Petra Hofmann
ADAPTACIÓN: Panamesiana Teatro
VESTIARIO: Petra Hofmann
ESCENOGRAFÍA: Sandra Varela
ILUMINACIÓN: Octavio Mas
DIRECCIÓN: Petra Hofmann
DATA: MÉRCORES 28
HORA: 18’00 e 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: O MANUSCRITO
COMPAÑÍA: AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE "GEPPETTO"
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 300 (En cada función)
TARIFA: 4 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
O pai de Irene é escritor. No seu país hai desaparicións, encarceramentos… A xente ten medo e decide fuxir. Sobre todo a familia de Irene, porque seu pai ten escrito un manuscrito onde conta todas as barbaries que están pasando no seu país e sabe que o perseguirán ata dar con el.
Así comeza a peregrinaxe de Irene e da súa nai, de país en país, buscando quen publique o manuscrito do seu pai. Pero non están soas. Contarán coa axuda duns personaxes que nos sorprenderán a todos pola súa valentía e coraxe.
FICHA
ELENCO: Galicia Gutiérrez”Gali”, Eva Tato, Raquel Penín, Sonia Ferro, Hernán Rapetti, Dani Vázquez, Lara Valcuende, Sandra Álvarez, Marcos Vázquez, Pablo Rivas, Nuria Rodríguez
SELECCIÓN MUSICAL: Rubén Dobaño
ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: Sarabela Teatro
ESPAZO ESCÉNICO: Elena Seijo
VESTIARIO: Sarabela Teatro
TÉCNICOS: Rubén Dobaño, José Manuel Bayón
ESCRITA E DIRECCIÓN: Elena Seijo
DATA: XOVES 29
HORA: 17’00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: UXÍO NO PAÍS DE PATADECABRA
COMPAÑÍA: EXPRESIÓN PRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MAXIA E MONICREQUES
IDADE RECOMENDADA: DE 4 A 12 ANOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 214
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
"Uxío no país de Patadecabra" é un espectáculo de maxia, un espectáculo teatral, un espectáculo de monicreques, é... un conto... un soño... Tres espectáculos nun.
Uxío é un rapaz de 7 anos procedente dunha familia moi humilde. O seu soño é converterse nun gran mago, o séu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre un país fantástico: “Ó país de Patadecabra”.
FICHA
INTÉRPRETE: Fran Otero
MANIPULADOR DE MONICREQUES: Manuel Solla
ATREZZO E ESCENOGRAFÍA: Marina López e Fran Otero
DESEÑO GRÁFICO E FOTOGRAFÍA: Fran Otero e Óscar López
VESTIARIO: Marina López
LUZ E SON: Marina López e Carlos Cerviño
AGRADECEMENTOS: Celes, Conchi, Isidro, Óscar, Yanis, tódolos nen@s da Ludoteca “A illa d@s nen@s”
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Marina López e Manuel Solla
DATA: XOVES 29
HORA: 18'00
LUGAR: CAMPUS (SALA MULTIUSOS. EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: A ESTRAÑA HISTORIA DOS LADRÓNS DO TEMPO E DA NENA QUE DEVOLVEU O TEMPO AOS HOMES
COMPAÑÍA: TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 6 ANOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 180
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
MOmo é unha nena especial: sabe escoitar e gozar, e facer que gocen os demais. Pero o seu entorno estase vendo infectado por uns seres que non queren deixar ás persoas gozar da vida: estanlles arrebatando o tempo -e o sorriso- a todos os seres humanos. Momo, axudada por Mestra Hora e Casiopea ten entón unha difícil misión: liberar ó mundo dos homes grises. Só así poderá recuperar ós seus queridísimos amigos Beppa e Gigi, e a todos os demais.
FICHA
REPARTO
MOmo: Ledicia Álvarez “Lele”
Aián, Beppa, Home Gris, Mestra Hora: Galicia Gutiérrez “Gali”
Onún, Gigi, Home Gris: Alfonso Míguez
Bebenín: Sandra T.
Escenografía, ATREZZO: Tegra
Vestiario: Galicia Gutiérrez “Gali”
PROXECCIÓNS: Alba Vázquez Carpentier
Son: Renata Codda Fons
Produción: Trécola Teatro
Técnicas en xira: Uxía Pérez e Tegra
Dramaturxia e dirección: Tegra
DATA: XOVES 29
HORA: 19'00
LUGAR: CAMPUS (SALA MULTIUSOS. EDIFICO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: ESTO NON É... (ODETTE À BOUT DE SOUFFLE)
COMPAÑÍA: GRUPO DE DANZA UNIVERSITARIA DE OURENSE DOU-TRAS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: DANZA - TEATRO
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 10’
AFORO: 180
TARIFA: LIBRE (Espectáculo breve que vai trala función anterior)
A OBRA
SINOPSE
O obradoiro de danza está a traballar na descontextualización do movemento tomado de pezas clásicas de diversas manifestacións artísticas.
Amosamos o principio deste traballo que se estreará en Marzo de 2012 apoiado pola ferramenta visual utilizada pola Cía Traspediante na súa peza “Baleadas”.
DOU-TRAS: Grupo de danza do campus de Ourense.
CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: Alumnas da aula de danza 2011-2012.
DIRECCIÓN: Marta Alonso e Begoña Cuquejo.
*****
DATA: XOVES 29
HORA: 19'00
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: CIRCO SUBMARINO
COMPAÑÍA: ONÍRICA MECÁNICA
PROCEDENCIA: MURCIA
XÉNERO/TÉCNICA: AUTÓMATAS, OBXECTOS E MECANISMOS DE FÍO
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 7 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 300
TARIFA: 4 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Señoras e señores, benvidos ao grande “Circo Submarino” un circo con: Malabaristas das palabras, Ladróns de Aire, Homes pallaso, magos capaces de facer desaparecer bosques, feras humanas…
Benvidos ao mellor espectáculo de fracasos. Pasen e vexan todas as miserias da última especie extinguida. O Ser Humano.
Circo Submarino, é un curioso catálogo de divertidos números de circo xerados con: Obxectos, autómatas, monecos e mecanismos de fío.
FICHA
PRESENTADOR DE CIRCO: Jesús Nieto
MANIPULADOR MARINO: Nico García
CONSTRUCIÓN DA ESCENOGRAFÍA: Ferroluar, María Pompas
DESEÑO DE LUCES: Paloma Parra
TÉCNICO EN XIRA: Daniel Alcaraz
UNHA PRODUCIÓN DE: Onírica Mecánica.
UN ESPECTÁCULO CREADO POR: Jesús Nieto.
DATA: VENRES 30
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: CINDERELA MIX
COMPAÑÍA: ARTELLO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MONICREQUES E TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 214
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Cinderela Mix é a fusión de tres olladas sobre o conto da Cincenta.
Son as olladas de tres chaíñas que converxen accidentalmente.
A partir dos pequenos conflitos da súa vida cotiá, vense engaiolados por unha historia que lles leva a xogar, a mesturar, a enredar... A compartir.
Tres olladas humildes, cheas de ilusión, de tenrura, de poesía, de cor, de música e de humor.
FICHA
ACTORES: Rosa Hurtado, Santiago Montenegro, Simón Piñón
FOTOGRAFIAS: Quino Vilas
ILUMINACIÓN: Santiago Montenegro
BANDA SONORA, TEXTO e DRAMATURXIA: R. Hurtado, S. Montenegro e S. Piñón
TÍTERES e ATREZZO: Rosa Hurtado e Suso Montero
ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO e CARTEL: Suso Montero
DIRECCIÓN: Manuel Pombal e Santiago Montenegro
DATA: VENRES 30
HORA: 17'00, 18'00 e 19'00
LUGAR: CAMPUS. (SALA MULTIUSOS. EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUBE E CHOVEU
COMPAÑÍA: TÍTERES TROMPICALLO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MONICREQUES E TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: DE 1 A 5 ANOS
DURACIÓN: 30’
AFORO: 60 (Para cada unha das funcións. Só 1 adulto por cativo/a)
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Había unha vez que non había nada máis que pedras, entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga medrou a herba, e na herba as flores e as árbores. Na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo..., en fin, a vida. Pero que acontece cando un día a auga desaparece?.
FICHA
ACTRIZ-MONICREQUEIRA: Marian González
AUTORES: Marian González / Luis González
DESEÑOS ARTÍSTICOS: Marian González / Luis González
UNIDADE DIDÁCTICA: Esther Rodríguez Enjamio
DIRECCIÓN: Luis González
*****
DATA: VENRES 30
HORA: 19’00
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: EL REY Y EL MAR
COMPAÑÍA: PEA GREEN BOAT
PROCEDENCIA: CATALUÑA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES DE MESA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4 ANOS
DURACIÓN: 45’
AFORO: 209 (Sala azul)
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Un rei que fala pouco pero aspira a mandar moito, un esquío saltón, unha gata que ronronea baixo o sol, un can aloucado, o mar, as nubes e a pantasma da hora do té. O rei pretende imporse aos elementos naturais e descobre que non todo é mandar e obedecer.
FICHA
CONSTRUCIÓN DE TÍTERES E MANIPULACIÓN: Edu Blanch
VESTIARIO: Emilia Lang
PRODUCIÓN: Pea Green Boat
AGRADECEMENTOS: Rene Baker
Obra baseada no conto de Heinz Janish “O Rei e o mar”. Lóguez ed.
*****
DATA: VENRES 30
HORA: 20’00
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL (Sala azul)
ESPECTÁCULO: A NENA E O GRILO
COMPAÑÍA: A NENA E O GRILO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO MUSICAL INFANTIL
IDADE RECOMENDADA: TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 700 (Patio de butacas)
TARIFA: 2 €
A OBRA
SINOPSE
Contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo. Os dous personaxes descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante.
Música do século XXI con tintes de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes. Para saír cuns centímetros de máis, mesmo que sexa en doses de ilusión, creatividade e imaxinación. E tamén, como non, un chisco máis felices.
FICHA
COMPOSICIÓNS MUSICAIS E VOZ: Magín Blanco
ADAPTACIÓN TEATRAL E VOZ / ACTRIZ: Charo Pita
GUITARRAS E VOZ / ACTOR: Xoán Curiel
GUITARRAS, BAIXO, CAVAQUINHO, COROS: Sergio Tannus
TECLADO, ACORDEÓN, EFECTOS, COROS: Sergio Sales
********************
8ª MOTI
Director da Mostra
Fernando Dacosta
Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago
Disigna Edenia
Alba Vázquez Carpentier
Persoal do Teatro Principal e Auditorio Municipal
José Manuel Bayón, Rubén Dobaño e David Varela
Á ollada espectante, clara, luminosa, curiosa, sa, divertida, emocionada. Á mirada das nenas e nenos que asisten á MOTI e fai que sigamos no camiño. Á mirada dos seus pais.
Tenente Alcalde e Concellala de Cultura do Concello de Ourense
Isabel Pérez
Directora do Teatro Principal de Ourense
Olga Mojón
Director da AGADIC
Juan Carlos Fasero
Vicerreitora do Campus de Ourense
María Lameiras
Técnico de cultura do Campus de Ourense
Filemón Rivas
A MOTI INFORMA:
AS ENTRADAS poden adquirirse en cada un dos espazos onde hai representacións: Teatro Principal, Auditorio Municipal, Multiusos da Universidade (Edificio de ferro/facultades - Campus) ata a finalización das mesmas por rigorosa orde de venta. Nas funcións de aforo reducido é posible que as entradas se vendan con rapidez polo que se recomenda previsión á hora de ir cos cativos.
* Teatro Principal: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla de 11’00 a 13’30 e 1 hora antes da función.
* Auditorio: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla desde 2 horas antes da función.
* Campus: Desde o día 26 e para todas as funcións. Horario de taquilla desde 1 hora antes do comezo da función.
A 8ª MOTI é posible gracias a:
CONCELLALÍA DE CULTURA / AUDITORIO MUNICIPAL
Concello de Ourense
Vicerreitoría do Campus de OURENSE
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
Excma. Deputación Provincial
AGADIC
Xunta de Galicia
SARABELA TEATRO
O PROGRAMA DA 8ª MOTI MAQUETADO