A 12ª MOTI DÍA A DÍA - HORA A HORA - ESPAZO A ESPAZO - FOTO A FOTO - VÍDEO A VÍDEO
_________________________________________________________________________________
A OBRA
_________________________________________________________________________________
A OBRA
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
DATA: SÁBADO
19
HORA: 19’00
LUGAR: RÚA
DO PASEO (Saída desde o Parque de San Lázaro ata Padre Feijoo)
ESPECTÁCULO: MAREMOTI
COMPAÑÍA: TRÉCOLA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: PASACALLES
- TEATRO DE RÚA
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 45'
AFORO: ILIMITADO
TARIFA: LIBRE
A OBRA
SINOPSE
Nun mar cheo de medusas máxicas aparecen unhas
misteriosas letras. Diante do desconcerto destas criaturas, chegarán uns
curiosos submarinistas. Entre todos conseguirán averiguar o misterio:
É a MOTI que chega á cidade e todos quererán
desfrutar do universo único do teatro na compaña dos cativos e cativas.
FICHA
INTÉRPRETES: Ledicia Álvarez "Lele", Uxía Pérez, Tegra, Alfonso Míguez, Carlos
Rafael,
Yu Estévez, Uxía Morán,
Vicky Docabo, Sandra Al Ca, Nuria Paz, Paco Daza, Miguel García, Marcos Vázquez, Noelia
RoPe, Hernan Rapetti
MÚSICA EN DIRECTO: Os
Perqtores de Seixalbo
DESEÑO DE SON: Alfonso
Míguez
SELECCIÓN ACTORAL: Uxía
Pérez
VESTIARIO E PRODUCIÓN: Tegra, Ledicia Álvarez "Lele"
DIRECCIÓN: Ledicia Álvarez "Lele"
____________________________________________________________________________________________________________
DATA: SÁBADO
26
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO
PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: PEOR IMPOSIBLE
COMPAÑÍA: PETER PUNK
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: CLOWN
IDADE RECOMENDADA: TODOS
OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 240
TARIFA: 4€
A OBRA
SINOPSE
Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk,
un dos mellores pallasos galegos do momento, para enfrontarse á realidade a
golpe de humor e un chisco de mala baba.
O pallaso galego e o
director arxentino teceron fermosas imaxes e complexos equilibrios cos
comentarios acedos característicos da personaxe ata construír un espectáculo
irreverente e comprometido.
Humor retranqueiro,
números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuíto
da morte e un evocador final cun arriscado equilibrio son algúns dos fíos
dos que está feito “Peor Imposible”, unha proposta clown nacida en Galicia
e punteira a nivel internacional que chegará a todas as prazas e teatros do
país.
FICHA
Elenco:
Isaac Rodríguez
Miranda "Peter Punk"
Guión e idea orixinal:
Walter Velázquez, Natalia "Pajarito" e Isaac Rodríguez Miranda
Deseño de escenografía:
Walter Velázquez e Natalia "Pajarito"
Escenografía: Fermín
Rodríguez Cabaleiro, Eva Triñanes, Marta Ortiz e Isaac Rodríguez Miranda
Arranxos de vestiario:
María José Miranda Cadórniga
Son e arranxos musicais:
Brais Gutiérrez
Deseño gráfico e vídeo:
Fernando Lema
Produción executiva:
Isaac Rodríguez Miranda e Walter Velázquez
Produción: Culturactiva S.C.G. e Isaac Rodríguez
Miranda
Dirección: Walter Velázquez e Natalia
"Pajarito"
* Vídeo promocional: http://vimeo.com/97140066
________________________________________________________________________________
DATA: SÁBADO
26
HORA: 18'15
LUGAR: CAMPUS.
SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: CINCO
HISTORIAS PARA UNHA MAN
COMPAÑÍA: MIRCROMINA
TÍTERES
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES
DE LUVA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 4 ANOS
DURACIÓN: 40'
AFORO: 150
TARIFA: 3€
(Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Cinco pequenas obras mímicas escollidas do libro “Telón de cielo” do
titiriteiro Gabriel Castilla
catalogado como a Biblia dos títeres por Javier Villafañe.
‘O soño’: Recolle as dificultades de Anibal para conciliar o sono por culpa
do “tictac” do reloxo, o zunido do mosquito...
‘A goteira’: Parecía que todo estaba amañado e cando estaba a piques de
conciliar o sono de súpeto unha goteria comeza a sua rítmica melodía.
‘Historia con flores’: Un neno traste que se adica a destrozar as flores
dun xardín, para evitalo será necesario da intervención dun can gardián.
‘O impo’: Dous amigos atópanse despois de moito tempo. Cando se apertan a
un empézalle un ataque de impo, así xuntos van dando chimpos polo escenario.
A historia que falta, a quinta, está intercalada entre as outras catro. É a
historia das propias mans, poñendo e quitando elementos escénicos, bailando,
limpando... porque elas son realmente a alma dos títeres.
FICHA
Manipuladores:
Arturo Pérez e Ton Arenas
Autor: Gabriel
Castilla
Adaptación: Arturo
Pérez e Ton Arenas
Dirección: Arturo
Pérez
* Vídeo promocional: https://vimeo.com/9576324
________________________________________________________________________________
DATA: SÁBADO
26
HORA: 18’15
e 19'30
LUGAR: AUDITORIO
MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA CRUZAN FRONTEIRAS
COMPAÑÍA: GEPPETTO.
AULA DE TEATRO
INFANTIL DO CAMPUS DE OURENSE
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 5 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 300
TARIFA: 3 €
A OBRA
SINOPSE
Aladino é un neno que vive coa
súa nai e rodeado da xente que quere. Vive nun lugar onde a guerra é
devastadora, así que un día deciden marchar a outro país. Percorren un longo camiño
para cruzar a fronteira e ao chegar alí Aladino é reclutado por un mago malvado
para que lle consiga unha lámpada dunha cova cercana.
A partir dese momento tanto
Aladino como a súa xente veranse inmersos nunha aventura única na que todos terán
que colaborar e coidarse para conseguir o que realmente desexan.
FICHA
REPARTO
Hector Martínez: Aladino
Sonia Ferro: Fátima e
Xenia do anel
María Novoa: Malika
Carolina Corea: Zaina
Amada Saa: Duha
Carlos Quintas: Zamir e
Mago malvado
Manuela Casal: Raissa
Elisa Maneiro: Jala e
Princesa Zulema
Alejandro Trillo: Garím
Noemí Guerrero: Alima
Colaboración especial Mercaderes:
Carmen M. Aranda, Marisol Delgado, Tito Escudero
Deseño de son: Rubén
Dobaño
Deseño de luz: José
Manuel Bayón
Técnicos de montaxe: José
Manuel Bayón e Rubén dobaño
Vestiario: Geppetto e
Sarabela Teatro
Espazo escénico: Sarabela
Teatro e Elena Seijo
Dirección e dramaturxia: Elena
Seijo
DATA: DOMINGO
27
HORA: 12’30
LUGAR: CAMPUS.
SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: MOENDO MUIÑEIRAS
COMPAÑÍA: XABIER
IGLESIAS PRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: DANZA
TRADICIONAL-TEATRO-MÚSICA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 9 ANOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 150
TARIFA: 3 € (Recadación para UNICEF)
SINOPSE
Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que
herdas un antigo muíño?
Unha parella de mozos “urbanitas” ve cambiada a súa vida
ao voltar ás súas orixes. Uxía,
moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado “O
muiñeiro”. Neste muíño pasarán cousas,
aparentemente inexplicables, que pouco a pouco irán
comprendéndose ata descubrir a historia
dos seus verdadeiros avós, Sofía e Xocas. Unha
historia de amor, de vida, de baile e de música
acontecida en 1936
entre fariña e muiñeiras.
FICHA
Elenco
Uxía/Sofia : Montse Rivera
Xocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: José Varela
Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz
Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos
Díaz
Música en directo: José Varela
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier
Iglesias, Montse Rivera
Construción muiño: Jorge Illán
Deseño gráfico: Sabela Eiriz
Unidades Didácticas: Xabier Iglesias, Montse
Rivera, José Varela, Paloma Lugilde
Fotografía e vídeo: Bruno Maez
Produción: Xabier Iglesias
Dirección, dramaturxia e deseño espazos: Paloma
Lugilde
* Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=dIpA8DvEqw0
___________________________________________________________________________________
DATA: DOMINGO 27
HORA: 17’00
LUGAR: TEATRO
PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA
GASTRONÓMICA
COMPAÑÍA: LIMIAR
TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: COMEDIA
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 9 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 240
TARIFA: 4 €
A OBRA
SINOPSE
Don Quixote é unha
comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e
cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de
Cervantes.
Alonso, cociñeiro,
comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea.
O prato escollido é a "Potaxe de vixilia", o mesmo que lle ofreceron
a Don Quixote na
súa primeira saída
antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres
prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e a tolemia
de Don
Quixote
encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e
nutritivo. Alguén quedará sen probar bos garavanzos?
FICHA
Alonso Quijano:
Fran Núñez
Dramaturxia: Sergio
Macías
Textos: Cervantes e
outros autores
Mestre Cociñeiro:
José Manuel Hernández
Axudante de
dirección: Manuel Polo
Espazo: Iriarte
Interior / Fran Núñez
Iluminación e vestiario:
Fran Núñez
ESP/ Técnico: José
Manuel Núñez
Produción executiva
e idea orixinal: Fran Núñez
Produción: Cris
Alonso / Candy Álvarez
Distribución:
Carlos Martínez Carbonell
Dirección: Nuria
Gullón
* Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=U5LcDY2Lyoo&feature=youtu.be
|
DATA: DOMINGO
27
HORA: 18’15
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL (SALA AZUL)
ESPECTÁCULO: VOLTA
Á MAXIA
COMPAÑÍA: DANI GARCÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MAXIA
IDADE RECOMENDADA: TODOS
OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 60'
AFORO: 180
TARIFA: 3€
SINOPSE
Benvidos ao primeiro
show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo.
Nada está escrito
nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle
daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo
a sorte do mago.
Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que
gañar. Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago
acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un sorpresivo
efecto final, unha derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e
a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. Esta é unha obra de maxia
infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa peiteen canas.
FICHA
Elenco: Dani García.
Técnica Teatral: Maxia
Dirección: Fran Rei
* Vídeo promocional: http://vimeo.com/125063708
_________________________________________________________________________________
DATA: DOMINGO
27
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: ROEDORES (*)
COMPAÑÍA: REDRUM TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 3 ANOS
DURACIÓN: 50'
AFORO: 600
TARIFA: 4€
A OBRA
SINOPSE
Peludiño é un hámster
que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade.
Munda é unha rata
soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns.
Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en
equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do
que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo...
"Todos somos Roedores"
"Roedores" é
un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras
de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de
xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade,
do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis.
FICHA
Interpretación: Guillermo Carbajo, Laura Míguez, Carlos Álvarez-Ossorio
Texto: Álex Sampayo e Borja F. Caamaño
Texto: Álex Sampayo e Borja F. Caamaño
Fotografía cartel:
Tacho Jiménez
Deseño fondo cartel e álbum ilustrado:
Rodrigo Chao
Vestiario:
Cloti Vaello
Son: David Machado
Construción escenografía:
Escenoset
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Produción: Redrum Teatro
Dirección: Álex Sampayo
(*) Este espectáculo sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
O motivo do cambio é por causas alleas á MOTI
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa
(*) Este espectáculo sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
O motivo do cambio é por causas alleas á MOTI
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa
_________________________________________________________________________________
DATA: LUNS
28
HORA: 17’00
e 18’00
LUGAR: TEATRO
PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: FEO!
COMPAÑÍA: CARAMUXO TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 4 ANOS
DURACIÓN: 40’
AFORO: 240
TARIFA: 4€
A OBRA
SINOPSE
Caramuxo
Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo
Feo” de Hans Cristhian Andersen.
A
pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos días
centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo
diferente...
Feo!
é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a
familia.
FICHA
Actor:
Juan Rodríguez Santiago
Manipulador:
Suso Jalda
Voces
das nenas: Carla Yáñez, Ayelén Rodríguez e Sara Gómez
Texto:
Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón
Deseño
de Escenografía: Caramuxo Teatro
Deseño
de Luces: Suso Jalda
Deseño
de Cartel: Carlos Comendador
Vestiario
e atrezo: Caramuxo Teatro e Soledad Gómez
Fotografía: Corsino.
Dirección:
Laura Sarasola Pontón
* ESTREADA RECENTEMENTE
_________________________________________________________________________________
DATA: LUNS
28
HORA: 18'00
LUGAR: CAMPUS.
LUDOTECA A CARÓN DA SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO
DE FERRO)
ACTIVIDADE: PRESENTACIÓN DO LIBRO “O
SOUTO DOS PRODIXIOS”
COMPAÑÍA: PRODUCIÓNS
DISPERSAS
PROCEDENCIA: GALICIA
IDADE RECOMENDADA: TODOS
OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 15’
AFORO: 100
TARIFA: LIBRE
_________________________________________________________________________________
DATA: LUNS
28
HORA: 18'15
LUGAR: CAMPUS.
SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: AS DANZAS INVOLUNTARIAS
COMPAÑÍA: D-OUTRAS
LABORATORIO DE
DANZA DO CAMPUS DE OURENSE
PROCEDENCIA: GALICIA
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 10’
AFORO: 150
TARIFA: 3€.
ENTRADA VÁLIDA PARA CUARTETO “AS COMADRES" (RECADACIÓN
PARA UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Partimos do desequilibrio, do movemento dos ollos cando
trata de lembrar, dos latexos...
Elementos que xeran movemento non totalmente controlable
ou voluntario no noso corpo.
FICHA
Creación e interpretación: Eva Docampo, Belén Ferro, Mercedes Bugueiro,
Alicia Fraga, Antía
Laranxeira, Carla Lohayne Mendes, Maruxa
Mosquera, Patricia
Román, Mariana Daniela Rosa, Alba Sánchez, Sofía Silvosa, Beatriz
Vázquez
Espazo Sonoro: Mauricio Torres
Dirección: Begoña Cuquejo, trasPediante
_________________________________________________________________________________
DATA: LUNS
28
HORA: 18’30
LUGAR: CAMPUS.
SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: EN CABÁRCENO... SEGUIMOS
CANTANDO
COMPAÑÍA: CUARTETO
“AS COMADRES”
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: MUSICAL
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL
DURACIÓN: 50’
AFORO: 150
TARIFA: 3
€ ENTRADA VÁLIDA PARA A AULA DE DANZA DO CAMPUS (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Susa Herrera presenta as cancións do
seu disco coas coreografías na que participarán as nenas e nenos. 10 cancións de animais do
Parque natural de Cabárceno co gallo de coñecer por medio das músicas do mundo
os seus hábitos, entornos, etc.
FICHA
Susa Herrera, Merchy Rozas, Tere Gómez e Lara Expósito
* Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=E9HAy9QW_sE
_________________________________________________________________________________
DATA: LUNS
28
HORA: 19’30
LUGAR: AUDITORIO
MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: CLINC!
COMPAÑÍA: PEPE
BOU
PROCEDENCIA: CATALUNYA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
XESTUAL CON POMPAS DE XABÓN
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 3 ANOS
DURACIÓN: 65'
AFORO: 600
TARIFA: 4€
A OBRA
SINOPSE
“Clinc!” simboliza a mudanza de actitude que teñen as
persoas cando deixan de ver a vida de xeito pesimista, cando deciden contemplar
a beleza do seu ámbito e comezar a cooperar en lugar de vivir de xeito illado.
Trátase dun xesto ou un símbolo no que as personaxes protagonistas da obra
cambian de actitude e no lugar de vivir con medo ao descoñecido gozan do seu
descoñecemento.
Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos
cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de
vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza
que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e
dos beneficios da colaboración con outras persoas.
FICHA
Interpretación: Isaías Antolín, Eduardo Telletxea (Agustí Sanllehí)
Movemento: Marta Carrasco
Escenografía: Castells Planas de Cardedeu
Deseño e confección de vestiario: Rui Alves
Iluminación: Pep Bou e Jep Vergés
Música: Ferran Martínez Palou
Construción de elementos escenográficos: Pascualin S.L.
Técnico luces e son: Jep Vergés
Montaxe de son: Mon Feijóo
Audiovisuais: Elsabeth
Fotografía: David Ruano
Produción executiva: Pepa Arnal
Administración: Marta Corbera
Comunicación e prensa: Marta Bou
Parcer: Lau Delgado
Produción: Companyia Pep Bou
Dirección
e creación: Pep Bou
* PREMIO: “Special Children Jury Award” e “Special Town Jury Award”. XXI
Kotor Theatre Festival for Children, 2013 (Kotor, Montenegro).
* FINALISTA como Mellor Espectáculo Infantil na XVI Edición dos Premios Max
das Artes Escénicas (2013).
* Vídeo promocional: https://vimeo.com/56980865
_________________________________________________________________________________
DATA: MARTES
29
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO
PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: ALÍ BABÁ Y LOS CUARENTA
LADRONES
COMPAÑÍA: BOROBIL
TEATROA
PROCEDENCIA: EUSKADI
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 6 ANOS
DURACIÓN: 50’
AFORO: 240
TARIFA: 8 € (Esta tarifa débese a que esta montaxe está programada polo plan Platea do Ministerio que fixa ese prezo mínimo)
A OBRA
SINOPSE
ALI BABA Y LOS 40 LADRONES conta a historia dun leñador moi pobre que
vivía en Persia. Un día, buscando o seu sustento pola montaña, descobre algo
que cambiará a súa vida para sempre. Uns ladróns están movendo unha gran rocha coa
palabra máxica “ábrete sésamo”. Cando marchan, Alí Babá, dicindo as palabras,
consegue entrar naquela maxestuosa gorida onde gardan inmensos tesouros. A Alí
Babá sóbralle cunhas moedas para que a súa muller e el deixen de ser tan
pobres. O problema é que todo se complica cando o seu irmán, doente de
ambición, descobre o seu segredo e tenta arrebatar todo o tesouro aos ladróns. E
é que, como ben sabemos, a avaricia nunca é boa.
FICHA
Intérpretes: Anartz
Zuazua, Asier Sota, Julen Vega
Adaptación do texto: Nagore Aranburu, Asier Sota, Anartz Zuazua
Vestiario: Mónica Cristofoleti, Nagore Dendariarena.
Luces: Carlos Salaberri
Música: Ignacio Pérez Marín
Distribución: Alberto Muyo
Dirección: Anartz Zuazua
* Premio
FETEN 2015, ao Mellor intérprete, a
Asier Sota.
* Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=MGqTORgqELA
_________________________________________________________________________________
DATA: MARTES
29
HORA: 17’00
e 18’15
LUGAR: CAMPUS.
SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
ESPECTÁCULO: PEQUEÑA MAX
COMPAÑÍA: ARENA EN LOS BOLSILLOS
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA: TÍTERES,
OBXECTOS E POÉTICA CLOWN PARA A PRIMEIRA INFANCIA
IDADE RECOMENDADA: DE
1 A 4 ANOS
DURACIÓN: 30’
AFORO: 80
por función (40 bebés e 40 adultos. Só 1 adulto por bebé)
TARIFA: 3
€ (Recadación para UNICEF)
A OBRA
SINOPSE
Max vive soa, afastada
do mundo, buscando a súa felicidade lonxe da mirada crítica dos demais.
E é que Max é
“diferente”, naceu cun pé de aleta.
Construíu o seu
propio mundo, metade real e metade inventado, e fixo del o seu refuxo.
A chegada dun
intruso ao seu pequeno e fráxil mundo, fíxolle comprender pouco a pouco que, en
realidade, ela nunca quixo estar soa.
Desaprender todo o
aprendido, desoír todo o criticado, perdoar todo o doído, foi o que a fixo
lixeira para bailar o seu propio son, único e precioso.
E desde aí, abrir
os brazos de novo ao mundo.
Se un día vos
cruzades con “algún” o “algunha Max”, sorrídelle e mirade ao corazón. Quen sabe
que desafíos estará enfrontando.
FICHA
ACTRIZ E TITIRITEIRA:
Ana María Montero
AUTORES: Elisa
Vargas e Jokin Oregi
DESEÑO DE ESPAZO
ESCÉNICO E ESCENOGRAFÍA, DESEÑO E CONSTRUCIÓN DE TÍTERES E ATREZZO: Iker Pérez
CONSTRUCIÓN DE
ESCENOGRAFÍA: Iker Pérez, Antonio Cantos e Carlos Monzón
COMPOSICIÓN MUSICAL
ORIXINAL: Mariano L- Platas
DIRECCIÓN TÉCNICA E
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Juan Felipe Tomatierra
DESEÑO DE VESTIARIO
E TRABALLO ESTÉTICO: Ariel García
REALIZACIÓN DE
VESTIARIO E TEXTIL: Araceli Morales
ILUSTRACIÓNS: Ariel
García
ANIMACIÓN GRÁFICA:
Francis López – Estación Diseño
COREOGRAFÍA DANZA:
Omar Meza
FOTOGRAFÍA: Juan
Manuel Jiménez
VÍDEO: Pablo Mabe
PRODUCIÓN E
DISTRIBUCIÓN: Elisa Vargas
DIRECCIÓN: Jokin
Oregi
* Vídeo promocional: https://vimeo.com/album/3566017/video/147511743
_________________________________________________________________________________
DATA: MARTES
29
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO
MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: SOLOS
COMPAÑÍA: YMEDIO TEATRO
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
XESTUAL E CON OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: MAIORES
DE 4 ANOS
DURACIÓN: 60’
AFORO: 400
TARIFA: 4
€
A OBRA
SINOPSE
SOLOS é unha mirada, cómica e entrañable, polo ollo da
pechadura da casa de un de tantos anciáns invisíbeis.
Unha vella radio consola os rutineiros días de Aurelio.
Pasaron moitos anos desde que saíu a derradeira fornada de madalenas da súa
panadería, un par de semanas desde que pisou a rúa por última vez e apenas un
instante desde que non lembra o que esquecera. Sen decatarse espertou a voz
durmida dos obxectos que, animados polo seu delirio, disfrázanse de marionetas
para contarlle os seus segredos.
Un poético espectáculo para rir da vida.
FICHA
Actores/manipuladores
: Santos Sánchez, Meri Fernández e Álex Ramos
Idea orixinal : Ymedioteatro
Deseño e
construción de escenografía : Ymedioteatro
Dirección de arte :
Isabel Torres
Deseño de vestiario
: Meri Fernández
Confección de vestiario
: El Costurero de Seve
Deseño gráfico :
Olaavi Naamio
Deseño e dirección
técnica : Anette Malaussène
Montaxe de vídeo :
Klaus Wenders
Fotografías :
Rosillo
Dirección : Ymedioteatro
DATA: MÉRCORES
30
HORA: 17'00
LUGAR: TEATRO
PRINCIPAL
ESPECTÁCULO: SIN REMITE
COMPAÑÍA: JEAN PHILIPPE KIKOLAS
PROCEDENCIA: CASTILLA
Y LEÓN
XÉNERO/TÉCNICA: CIRCO
TEATRO E HUMOR XESTUAL
IDADE RECOMENDADA: TODOS
OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 55’
AFORO: 240
TARIFA: 4
€
A OBRA
SINOPSE
Un espectáculo de
circo teatro e humor xestual.
Unha personaxe sen
palabras, que esperta un aire de nostalxia.
Un xogo coa escena,
os obxectos e o público.
Con esta premisa de
xogo preséntase “SIN REMITE”. A través de técnicas como o teatro xestual,
comedia slapstick (golpe e ‘porrazo’) ou diferentes gags visuais, introdúcenos
no seu particular mundo e achéganos a un oficio que cada vez nos parece máis
afastado.
Utiliza variadas
técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de
rebote e unha morea de solucións para os conflitos que se plantexan e que lle
levarán incluso a introducirse dentro dun globo xigante.
Inspirado no cómico
francés Jacques Tati, e a súa curtametraxe “L’Ecole du Facteurs” (1947)
FICHA
Jean
Philippe: Quique Méndez
Técnico
rexedor: Enrique Sebastian
Escenografía:
Francisco Porras
Vestiario:
El Pozo Amarillo
Atrezzo:
Taller Guirigay. Saúl Velázquez
Fotografía:
Beatriz Merino, David Palacin, Alberto Uyarra, Pablo Ventura.
Dirección:
Quique Méndez
* Vídeo promocional: http://vimeo.com/89499549
_________________________________________________________________________________
DATA: MÉRCORES
30
HORA: 18'00
e 18'30
LUGAR: AUDITORIO
MUNICIPAL (SALA AZUL)
ESPECTÁCULO: CHOVE
COMPAÑÍA: TITEREFICCIÓS
PROCEDENCIA: GALICIA
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
PARA BEBÉS
IDADE RECOMENDADA: DE 1 A 3 ANOS
DURACIÓN: 20’
AFORO: 50
(1 adulto por nena/o)
TARIFA: 3
€
A OBRA
SINOPSE
O amparo dos
paraugas, saltar nos charcos, as rúas molladas... Hai moitas cousas divertidas
na choiva.
Neste espectáculo collen todas
esas cousas que veñen da choiva e das que tanto gustamos: a herba, as flores,
as hortas, os alimentos, as paisaxes verdes...
Dous personaxes amósannos con
xogos e enredos que cantidade de marabillas trae a choiva antes e despois de
que veña e marche.
Aínda que cando chove non podemos
saír e pasalo ben, "Chove" métenos de cheo na diversión e na
aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol espertan na natureza.
Un espectáculo para ver ao
quentiño!
Espectáculo feito para a primeira infancia respectando
os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, duración e achegamento aos
elementos empregados na representación.
FICHA
Elenco: Roberto Casal
Mouriño e Sofía Espiñeira
Dirección: Titereficciós
* Vídeo promocional: http://vimeo.com/115249718
_________________________________________________________________________________
DATA: MÉRCORES
30
HORA: 19'30
LUGAR: AUDITORIO
MUNICIPAL
ESPECTÁCULO: FABOO, EL ENCANTO DE LA
IMAGINACIÓN
COMPAÑÍA: ESCENA CREATIVA
PROCEDENCIA: MADRID
XÉNERO/TÉCNICA: TEATRO
XESTUAL E DE OBXECTOS
IDADE RECOMENDADA: MAIORES DE 4
ANOS
DURACIÓN: 48’
AFORO: 300
TARIFA: 4
€
A OBRA
SINOPSE
“Faboo, el encanto de la imaginación" é
un espectáculo visual caracterizado pola súa simplicidade e expresividade que estimula
a imaxinación e creatividade de nenos e adultos.
Abonda un corpo humano, uns elementos cotiáns e doses de creatividade
para que naza Faboo,
un ser singular que se expresa a través de xestos e sons, de xeito
inocente e espontáneo, cunha imaxinación desbordante capaz de cativar a
espectadores de calquera idade
FICHA
Faboo:
Laura De Arcos
Manupilación:
Eva Pereira
Dirección
e creación: Óscar Vidal
* Premio
FETEN 2015, pola súa expresividade.
* Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=-FyEN2SFIsc
_________________________________________________________________________________
ADEMAIS...
* Do martes 15 ao
xoves 17 nos colexios:
LACOTRE PRODUCIÓNS CON PROMOCIÓNS DA MOTI
* Do mércores 23 ao
martes 29 de 18’00 h. a 19’00 h. Polas rúas da cidade:
LACOTRE PRODUCIÓNS CON ACCIÓNS TEATRAIS
_________________________________________________________________________________
ORGANIGRAMA DA 12ª MOTI
Director da Mostra
Fernando Dacosta
Equipo de
organización de Sarabela Teatro
Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Nate
Borrajo
Deseño gráfico
Disigna Edenia
DVD e fotos
Alba Vázquez Carpentier
Técnicos da Mostra
Persoal do Teatro Principal e Auditorio Municipal
David Díaz, José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
O teu tempo cos nenos é o
mellor agasallo
A 12ª MOTI celébrase
sendo
Concelleira de
Cultura do Concello de Ourense
Belén Iglesias
Directora do
Teatro Principal de Ourense
Olga Mojón
Vicerreitor do
Campus de Ourense
Virxilio Rodríguez
Técnico de cultura
do Campus de Ourense
Filemón Rivas
A MOTI INFORMA:
Cada espazo porá á
venda AS ENTRADAS que lle corresponden desde o primeiro día para todos os días:
Teatro Principal, Auditorio Municipal, Sala Pardo Bazán da Universidade
(Edificio de ferro/facultades - Campus) ata a finalización das mesmas por
rigorosa orde de venta.
* Teatro Principal:
Desde o día 26 e para todas as funcións no teatro.
Horario de taquilla de 12'00 a 14'00 e 1 hora antes da
función.
* Auditorio:
Desde o día 26 e para todas as funcións no Auditorio.
Horario de taquilla desde 2 horas antes da función.
* Campus (Recadación
para UNICEF): Desde o día 26 e para
todas as funcións no campus.
Horario de taquilla desde 1 hora antes do comezo da función.
As nenas e nenos deben ir acompañados dunha persoa adulta
que se responsabilice deles.
* No caso de aforo moi reducido (Teatro para a primeira infancia, maiores de 1 ano: ARENA EN LOS
BOLSILLOS martes 29 no campus ás 17’00 e ás 18'15 h. e TITEREFICCIÓS mércores 30 no Auditorio Sala Azul ás 18’00 e ás
18'30 h) só 1 persoa adulta por nena/o pola limitación de aforo.
A MOTI COLABORA CON:
A 12ª MOTI é
posible gracias a:
CONCELLERÍA DE CULTURA / AUDITORIO MUNICIPAL
Concello de Ourense
UNIVERSIDADE DE VIGO
Vicerreitoría do Campus de OURENSE
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
Deputación Provincial de Ourense
SARABELA TEATRO
COLABORA