A 12ª edición da
MOTI celébrase o día 19 de decembro (desfile) e do 26 ao 30 de decembro
(programación en salas e animacións) de 2015
18 compañías de
Galicia, Andalucía, Comunitat Valenciana, Catalunya, Euskadi, Castilla León e
Madrid danse cita en Ourense durante eses días completando un total de 22
representacións.
Unha gran variedade
de xéneros que transitan polo teatro de rúa, clown, títeres de luva, teatro de
actor, danza, maxia, musical, xestual, teatro de obxectos, teatro con pompas de
xabón ou circo teatro.
Adxuntamos a
volantina con toda a programación e agradecemos a súa difusión.
ATENCIÓN:
POR CAUSAS ALLEAS Á MOTI, HAI UN CAMBIO na función do domingo 27 no Auditorio
'Roedores' de Redrum Teatro sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa
A volantina que se entrega pola rúa contén un erro nunha das tarifas. O martes 29 ás 17'00 no Teatro Principal, a función de 'Alí Babá y los 40 ladrones' de Borobil Teatroa custa 8€ e non 4€ como figura. É a única representación que se afasta das tarifas de 3 e 4 euros por formar parte do Plan Platea do Ministerio que impón eses prezos mínimos.

Para ver a información de todos os espectáculos, enlaces de vídeo, fotos… consulta o programa amplo da 12ª MOTI
(Información completa e actualizada)